doMngo, 12 de outubro do 2008
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte


Advertisement

RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Martín Varela finalista no II Open Internacional Ergosaude de tenis en cadeira de rodas  Correo-e
jueves, 26 de junio do 2008

O cormelán Martín Varela (nº 4 do ranking nacional), integrante da sección de deporte para discapacitados A.D. Cempés e patrocinado por Ergosaude Equipamento Xeriátrico Clínico, volve alcanzar a final de dobres nun novo torneo de tenis en cadeira de rodas. Esta vez foi no seu primeiro torneo internacional do ano, a súa estrea internacional non lle puido saír mellor posto que disputou a final de dobres e caeu en individuais en semifinais ante o aresano Álvaro Illobre (representante español, xunto a Kiko Tur nas próximas paraolimpiadas).

O torneo celebrouse nas instalacións da Escola de Tenis Marineda, no Concello de Cambre (A Coruña), onde Martín realiza os seus adestramentos ao longo do ano. Ademais o seu patrocinador, o xerente de Ergosaude Equipamento Xeriátrico Clínico, José Ramón Arruñada, estivo presente nas pistas durante o torneo, xa que tamén patrocinou este torneo. O torneo celebrouse do 19 ao 22 de xuño.

IndividuaisImage

O cormelán comezaba a súa participación enfrontándose ao rioxano Juan José Rodríguez (nº 10 do ranking nacional) ao que superou por un claro 6/1 e 6/1. Na seguinte rolda enfrontouse ao terceiro cabeza de serie do torneo, o mirandés Óliver Puras que vén de disputar varios torneos internacionais nos últimos meses. O cormelán sabía que ía ser un duro partido posto que Óliver apostara os últimos meses por participar en torneos internacionais coa intención de conseguir unha praza para disputar os paraolímpicos, desta forma Puras chegaba á Coruña con máis de 8 torneos internacionais e cun nivel de xogo superior ao que se practica nos torneos nacionais.

O partido non decepcionou, e como era de esperar ambos os xogadores querían demostrar ao público presente, que son o futuro do tenis español en canto a probas internacionais refírese. Martín fíxose co primeiro set cun xogo agresivo, superando a Óliver por 6/1. Nel segundo set, Óliver puxo toda a carne no asador, con peloteos longos e efectos endiablados, polo que superou a Martín por un apertado 4/6. Xa no terceiro set, e con máis de dúas horas na pista, o cormelán superou a Puras por 6/4.

Ambos os xogadores quedaron satisfeitos co xogo despregado e Martín xa se preparaba para outra nova fazaña, posto que se ía a enfrontar en semifinais do seu primeiro torneo internacional do ano ao seu veciño Álvaro Illobre (nº 2 do ranking nacional).

A semifinal disputouse o sábado a partir das 16 horas, cunhas altísimas temperaturas nas pistas da Escola de Tenis Marineda e cun gran número de afeccionados dispostos a ver aos dous mellores tenistas galegos do momento. Martín sorprendeu a Illobre cun comezo fulminante, endosando ao aresano un 4/0 no primeiro set. Pero aí xurdiu o Illobre campión, e comezou a realizar grandes golpes que facían nulos os rápidos movementos do cormelán, acabando o primeiro set coa vitoria de Álvaro por 6/4. Martín lonxe de decaer no empeño de dar a gran sorpresa do torneo seguiu realizando un gran xogo e comezaron a caer xogos dun e outro bando. Así, tívose que chegar ao tike break do segundo set, caendo ao lado de Álvaro Illobre. O tanteo final foi de 6/4 e 7/6 para Álvaro.

Ambos os xogadores realizaron un gran partido de tenis e Martín fixo fronte a todo un campión que disputará en setembro a súa terceira paraolimpiada. A final individual enfrontou ao nº 1 español (Kiko Tur) e ao nº 2 (Álvaro Illobre), ambos reeditaron a final do ano pasado e como sucedeu en 2007, o catalán Kiko Tur venceu por 6/4, 2/6 e 6/2.

DobresImage

Como vén sendo habitual, Martín volveu repetir final de dobres, nesta ocasión facendo parella con Óliver Puras. En fronte tiñan á parella que representará a España nas paraolimpiadas de Pequín, Kiko Tur e Álvaro Illobre. Tur e Illobre venceron por 6/3 e 6/1 realizando un gran xogo.

Vindeira cita

A próxima cita do ano será en Tenerife entre os días 3 e 6 de xullo, onde se celebrará o Campionato de España.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa de Esteban Varela.
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com