|
Alba Cernadas exhibe o seu premio nacional por Europa |
Correo-e
|
|
jueves, 26 de junio do 2008 |
|
A pequena Alba Cernadas, igual que outros rapaces do colexio Manuela Rial de Cee, participaba nun concurso de Novos Talentos que organizaba a Coca-cola. Máis de 5.000 de toda España participaban do concurso, como o compañeioro de Alba, Alejandro Trillo, que foi finalmente elixido 4º premio provincial. Alba, de 13 anos e cursando 2º da ESO, ía un pouco máis alá e tras escribir un relato corto sobre a Guerra Civil, encandilaba primeiro aos membros do comité galego e posteriormente aos do nacional. Así foi como Alba proclamouse campiona do concurso a nivel estatal e agora vai de presentación en presentación por Europa adiante. Hoxe mesmo, Alba, acompañada polo profesor e director do colexio, Isidro CaamañoTrillo, viaxaba a Madrid, onde recibirá o premio na gala de entrega. Pero as viaxes e recoñecimentos non fican aí, senón que os dous ceenses viaxan mañá ata Londres, onde farán a ruta de Harry Potter disfrutando e recibindo loubanzas. Parabéns Alba. Fonte
|