doMngo, 07 de setembro do 2008
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte


Advertisement

RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Vigo lembra que o problema dos vertido non é nada novo  Correo-e
jueves, 26 de junio do 2008

O alcalde de Vigo, o independiente Ramón Vigo, falaba onte no programa da Radio Nordés, Vivindo a Costa da Morte, que dirixe Susana Albite. Albite preguntáballe pola denuncia do BNG dos problemas dos vertidos directos que hai polas parroquias do concello e pola proposta que realizaba Daniel Oca, voceiro do BNG, de incluir obras de saneamento no Plan de Cooperación de Concello que organiza a Deputación.Image

Ramón Vigo foi claro. Esto é salientar o obvio, o problema dos vertidos non é nada novo, a abofé que leva razón. Vigo non entende como un problema que leva sendo unha realidade durante anos, agora pasa a ser unha nova de relevancia e que chegue a crear alarma social. Vigo asegurou que vai haber obras de saneamento no PCC pero que será o propio goberno, non a oposición, o que decida as obras prioritarias. Destas obras aínda non se poden adiantar as zonas xa que o grupo municipal está traballando niso.

Vigo dixo que xa están máis ou menos pensadas as obras a realizar co Plan de Cooperación de Concellos, pero que en función das decisións que se tomen no pleno, farase unha proposta. Quixo resaltar o feito de que o problema dos vertidos directos é algo acumulado e que non depende do actual grupo municioal.

Obras actuais

No tocante ás obras do recheo, Vigo avisou que se as obras de canalización do río poden estar rematadas a finais do verán, a continuación procederase coa remodelación do mercado, polo que o recheo seguirá levantado unha morea de tempo.

Tamén falou das obras da "rúa de arriba", que preocupan aos veciños de cara á Xunqueira. Vigo lembrou que se trata de obras de remodelación do casco antigo, pero sinalou que tan só queda por levantar o último tramo. O alcade agarda que en 15-20 días toda a rúa esté hormigonada e transitable, perfectamente habilitada para a Xunqueira.

Novas relacionadas

Fonte

  • Radio Nordés.
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com