|
Esta semana a Xunta anunciaba que a empresa Ferroatlántica terá que pagar unha multa de 600.000 euros polo caso da matanza de peixes no encoro da Fervenza no novembro pasado. O propietario da Ferroatlántica, Juan Miguel Villar Mir, confirmou que recurrirá a multa. Villar Mir agarda que Xunta e empresa cheguen a un acordo e non sexa necesario chegar a proceso contencioso-administrativo, ao tempo que considera estrano que a Xunta tome esta determinación co proceso xudicial aberto e sen resolución. Lembrou que mantivo informada rigurosamente a Augas de Galicia durante todo o tempo, e que mesmo enviou un fax especial o 8 de novembro de 2007, dous días antes da seca total, avisando de que advertir de que se se seguía soltando o caudal mínimo ecolóxico o encoro íase a quedar sen auga". Este feito deixa en evidencia á propia Xunta, que agardamos non salga impune no proceso xudicial de dous altos cargos de Augas de Galicia. O propietario quixo deixar claro que non houbo intereses económicos detrás do baleirado do encoro, a acusación máis seria que pesa sobre a empresa. A produción hidroeléctrica podería ser a causa da desfeita, pero segundo Villar Mir, "esa é unha hipótese falta de rigor". O empresario explicou que cada metro cúbico de auga ten que pasar polas 8 minicentrais que hai antes do encoro da Fervenza, no curso do río Xallas, polo que produciría "os mesmos quilovatios por hora". O encoro de Santa Uxía do Ézaro, o de máis abaixo e de maior produción hidroeléctrica, non baixou do 80% mentres secaba o da Fervenza, o penúltimo dos 4 encoros. A seca deste último deixaría sen producir á minicentral do Ézaro. Novas relacionadas Fonte
|