doMngo, 12 de outubro do 2008
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte


Advertisement

RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Juan Manuel Gómez Leis, Patrón Maior da Confraría de Lira  Correo-e
jueves, 26 de junio do 2008

Image

A Confraría de Lira celebreou pasado 25 de Xuño do 2008 en Portocubelo, no mesmo Salón de Actos da Confraría unha xuntanza da Mesa Electoral para proceder á toma de posesión e constitución da Xunta Xeral, alén da votación a patrón maior, vicepresidentes e cabildo. Na reunión participaron o presidente da confraría, Domingo Caamaño González, o secretario Emilio Louro Lamela, e os vogais Daniel Cambeiro Sambade, Juan José Dosil Caamaño, Claudio Carpintero Senande e Juan Antonio Formoso Blanco.

Así, na consecución da Xunta Xeral elixida tralas eleccións do pasado 7 de xuño participaronmembros da Agrupación de empresarios "Artes Menores", (con Juan Manuel Gómez Leis como Patrón Maior (que vemos na imaxe), Ramón Cándido Lobelos Suárez, Cándido Insua Domínguez, Andrés Domínguez Beiro, con Jesús Ángel Caamaño París de suplente); tamén participou a Agrupación de empresarios "Percebeiros a flote", (con Domingo González Martínez e Marcelino Formoso López); a Agrupación de Traballores "Mariñeiros", (con Jose Antonio Insua Caamañó, Marco Antonio Freire Rama e Manuel A. Martínez Lustres); e a Agrupación de Mariscadoras, (con Pilar Genoveva Blanco Blanco, Maria Rosa González Fernández e Ramona Piñeiro Siaba).

ProcesoImage

O secretario explicou o contido das normas electorais e tódolos asistentes acordaron proceder á consitución da Xunta Xeral. O único candidato a para o cargo de Patrón Maior, foi JUAN MANUEL GOMEZ LEIS (á dereita) que resultou elixido por unanimidade, de xeito que o o suplente dos armadores, Jesús Antonio Insua Caamaño pasa a formar parte da Xunta Xeral.

O resto de cargos serán:

  • Vicepatron Maior 1º: JOSE ANTONIO INSUA CAAMAÑO.
  • Vicepatron Maior 2º: MARCELINO FORMOSO LOPEZ.
  • Vogais: MARCO A. FREIRE RAMA.
    PILAR G. BLANCO BLANCO;
    RAMON CANDIDO LOBELOS SUAREZ.
    CANDIDO INSUA DOMINGUEZ.

Fonte

  • Nota de prensa da Confraría de Lira.
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com