Martes, 06 de xaneiro do 2009
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte


Advertisement

RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Comeza a avaliación dos 15 proxectos presentados para o Parador de Muxía  Correo-e
jueves, 26 de junio do 2008

O Parador de Muxía continúa a súe evolución. A Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transporte recibiu 15 solicitudes no concurso para deseñar o proxecto. O proceso de selección seguirá o denominado procedemento restrinxido, un dos puntos polémicos da obra. A primeira criba será en función dos méritos e logo de comprobar a súa capacidade, solvencia, experiencia, calidade contrastada e premios obtidos no exercicio da súa profesión. O de sempre, a mocidade o segue tendo imposible e os que máis fan, máis oportunidades teñen de seguir copando o mercado.

Os proxectos dos cinco arquitectos que pasen á segunda fase, 3 levarán recompensa. 180.000 euros están reservados para este concurso de ideas. Así, o gañador do proxecto definitivo (por un importe total de 400.000 euros) recibirá un premio de 90.000 euros, e tamén hai para o segundo e o terceiro clasificado que recibirá 60.000 e 30.000 euros, respectivamente.

O futuro parador xa ten plantexados varios requisitos: contará con 90 habitacións, dous comedores, varios salóns, ximnasio e spa-talasoterapia, que ocuparán unha superficie total de 120.000 m2.

Nota de prensa da CPTOPTImage

POLÍTICA TERRITORIAL INICIA O PROCESO DE SELECCIÓN DOS ARQUITECTOS QUE PROXECTARÁN O AUDITORIO DE LUGO E O PARADOR DE MUXÍA

  • Recibíronse 18 solicitudes no concurso para deseñar o Auditorio de Lugo e 15 no concurso para o Parador de Muxía.
  • Nesta primeira fase de ambos concursos o xurado seleccionará a cinco profesionais de recoñecido prestixio aos que invitará a que presenten un anteproxecto do correspondente edificio para decidir a quen se lle encarga o proxecto definitivo.

Santiago, 25 de xuño de 2008.- A Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes iniciou a avaliación dos arquitectos que se presentaron á primeira fase dos respectivos concursos para proxectar o Auditorio de Lugo e o Parador de Muxía. Ambos concursos desenvólvense polo procedemento restrinxido, isto é, o xurado, como órgano colexiado, realizará nas vindeiras semanas unha primeira selección de cinco arquitectos de entre todos os que presentaron solicitudes en función dos seus méritos e logo de comprobar a súa capacidade, solvencia, experiencia, calidade contrastada e premios obtidos no exercicio da súa profesión. Eses cinco seleccionados para a segunda fase de cada concurso deberán presentar un anteproxecto do correspondente edificio que será o que valore finalmente o xurado. O gañador de cada concurso será o encargado de redactar o proxecto construtivo da correspondente edificación.

15 solicitudes no concurso para o Parador de Muxía

No caso do concurso para proxectar o Parador de Muxía, convocado no DOG o 29 de abril, recibíronse 15 solicitudes. Os proxectos dos cinco arquitectos que pasen á segunda fase deberán cumprir coas indicacións recollidas no proxecto sectorial aprobado polo Consello da Xunta o pasado mes de novembro. Así mesmo, deberá prestarse especial atención ás medidas sinaladas na Declaración de Impacto Ambiental e, polo tanto, respectar os criterios de integración paisaxística esixidos. De entre as cinco propostas o xurado elixirá a mellor e encargará ao seu autor ou autores que elaboren o proxecto do novo parador.

A Xunta de Galicia destina un total de 180.000 euros en premios para este concurso de ideas e o autor do anteproxecto gañador, ademais de ser o encargado de elaborar o proxecto definitivo (por un importe de 400.000 euros) recibirá un premio de 90.000 euros. Outorgaranse tamén premios de 60.000 euros ao segundo clasificado e de 30.000 euros ao terceiro. O xurado deste concurso está formado polo seu presidente (o cargo de director xeral de Urbanismo), oito vogais (dous representantes da Consellería de Política Territorial, dous representantes da Consellería de Innovación e Industria, dous técnicos do Ministerio de Industria, Comercio e Turismo, un representante do Concello de Muxía e outro do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia), un representante da Asesoría Xurídica Xeral da Xunta de Galicia e outro da Intervención Xeral da Xunta.

O investimento estimado para a construción do parador de turismo de Muxía ascende a 20 millóns de euros, que serán financiados polo Instituto de Turismo de España (Turespaña). O futuro parador contará con 90 habitacións, dous comedores, varios salóns, ximnasio e spa-talasoterapia. A superficie total da actuación será de 120.000 m2 entre as instalacións propiamente ditas, o aparcamento cuberto e os espazos exteriores nos que se disporá dunha zona de estacionamento, piscina, xardíns e bosques. As Consellerías de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes e de Innovación e Industria financian a partes iguais o custe deste concurso de ideas.

18 solicitudes no concurso para o Auditorio de Lugo

O concurso para deseñar o Auditorio de Lugo foi convocado no DOG o 25 de abril e recibiu 18 solicitudes. Na segunda fase, os anteproxectos que presenten os cinco arquitectos que resulten seleccionados serán valorados en función dos criterios de valor arquitectónico, artístico e calidade do deseño; de viabilidade funcional, técnica e económica; e de sostenibilidade do deseño e custe de mantemento e conservación. Tamén se avaliarán aspectos como a integración no contexto urbano, a idoneidade dos medios que os concursantes de comprometen a achegar para a redacción do proxecto e o prazo no que se comprometen a entregar o proxecto básico e de execución.

A CPTOPT destina un total de 100.000 euros en premios para este concurso de ideas de xeito que o autor do anteproxecto gañador, ademais de ser o encargado de elaborar o proxecto definitivo, recibirá un premio de 50.000 euros. Outorgaranse tamén premios de 30.000 euros ao segundo clasificado e de 20.000 euros ao terceiro. O xurado deste concurso está formado polo seu presidente (o cargo de director xeral de Urbanismo), cinco vogais (dous representantes da Consellería de Política Territorial, un designado polo Concello de Lugo, outro pola Consellería de Vivenda e Solo e outro en representación do Colexio de Arquitectos de Galicia), un representante da Asesoría Xurídica Xeral da Xunta de Galicia e outro da Intervención Xeral da Xunta.

O investimento estimado pola Dirección Xeral de Urbanismo para a construción do auditorio de Lugo ascende a 15,5 millóns de euros. Con estas previsións, a Consellería de Política Territorial xa ten reservado un fondo inicial de 14 millóns de euros (fronte aos cinco previstos polo anterior Executivo) para garantir a materialización do novo edificio, que terá unha superficie total construída de 9.000 m2. O futuro auditorio de Lugo contará cun gran salón de actos con aforo para 900 persoas (entre patio de butacas e anfiteatro), e con outra sala de teatro, concertos e conferencias con aforo para 300 persoas. Así mesmo, disporá dunha área complementaria para congresos e exposicións (de 500 m2 de superficie), escola de música (con catro aulas con almacén para instrumentos), mediateca (dotada con sala de lectura e consulta, área de información e préstamos, arquivo, sala de proxeccións e cabinas individuais) e zonas de usos públicos colectivos e área administrativa. Tamén se construirá un aparcadoiro que contará con 300 prazas como mínimo.

Novas relacionadas

Fonte

 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com