doMngo, 12 de outubro do 2008
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte


Advertisement

RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Cabana prepara o intercambio cultural con mozos de Malta, Grecia e Bretaña  Correo-e
jueves, 26 de junio do 2008

Monitoras de Bretaña, Grecia e Malta reuníronse o pasado sábado en Cabana para a preparación dun intercambio multilateral de mocidade na Casa da Cultura de Cabana de Bergantiños coa monitora do grupo cabanés, Diana Pastoriza Espasandín para ultimar os preparativos, repasar o programa de actividades, organizar as dinámicas de grupo e acordar as normas de convivencia.Image

Angelina Bergmans, de Bretaña; Eleni Vavouraki, de Grecia; e Carmen Nygaard, de Malta trataron tamén os posibles problemas do intercambio multilateral que se realizará en Cabana nos días 21 a 28 de xullo.

A asociación cultural Pedra da Vella acollerá a tres grupos como parte dun intercambio multilateral (do programa ‘Juventud en Acción 1.1’). O tema do intercambio é ‘Cool Heads for Hot Topics’ (Cabezas frías para temas quentes) e tratará de achegar á mocidade a problemáticas da sociedade do século XXI como son a violencia de xénero, o racismo, a integracións dos maiores e discapacitados na sociedade, a inmigración ou a homosexualidade.

Fonte

 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com