Xoves, 28 de agosto do 2008
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte


Advertisement

RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Actividades deportivas estivais de Laxe 2008  Correo-e
viernes, 27 de junio do 2008

O concello de Laxe presenatou estes días as actividades para este verán 2008. Atrás repasabamos as actividades culturais que este ano saen á rúa, e ti?

Hoxe miramos as deportivas que inclúen toda clase de deportes náuticos, saídas... durante os meses de xullo e agosto, que culminarán no campionato do circuito galego de Surf e Bodyboard do 29 a 31 de agosto na praia de Soesto:

ACTIVIDADES XULLO

  • XIMNASIO: Do 2 de xullo ó 31 de agosto; Luns, Mércores e Xoves de 20:00 a 22:00 horas. Cota: 30€. Excepto os xa inscritos
  • CURSOS DE VELA: Do 10 de xullo ó 31 de agosto. En colaboración co Club Náutico de Laxe. Idades: Maiores de 8 anos. Cota: Censados 40€; Non Censados 80€; Socios Club Náutico Laxe 30€.
    - Turno infantil de 8 a 14 anos: prazas 15; luns, mércores e venres de 16:00 a 19:30 horas; martes e xoves de 10:00 a 13:30 horas.
    - Turno maiores de 14 anos: prazas 15; luns, mércores e venres de 10:00 a 13:30 horas; martes e xoves de 16:00 a 19:30 horas.
  • CURSOS INTENSIVOS DE NATACIÓN: do 7 de xullo ó 17 de xullo. Iniciación e perfeccionamento. Idades: a partir de 4 anos cumpridos. Cota: 10€.
  • CAMPAMENTO DEPORTIVO “COSTA BERGANTIÑÁ“: do 01 Ó 04 de xullo. Idades: de 7 a 14 anos. Prazas:18. Cota: 15€. Agasallo de camiseta. Horario: de 10:00 a 14:00 horas. Actividades: xogos na praia, surf, sendeirismo, piscina, golf...
  • ACTIVIDADES MULTIDEPORTIVAS NAS PARROQUIAS: Do 2 de xullo ó 31 de agosto. SOESTO: Luns e Mércores de 17:00 a 18:00 horas TRABA: Luns e Mércores de 18:15 a 19:15 horas. Inscrición previa. Idades: maiores de 6 anos.
  • CAMPAMENTO DEPORTIVO DEPUTACIÓN: Do 6 ó 12 de xullo. Cota: 85€:.Idades: de 9 a 13 anos. Prazas por sorteo: 5.
  • CAMPIONATO GALEGO DE SALVAMENTO ACUÁTICO: o 12 de xullo. Categorías alevín, infantil e cadete. Praia de Laxe.
  • CAMPUS FÚTBOL DEPUTACIÓN: do 13 ó 19 de xulllo. Cota: 75€. Nenos/as de 9 a 13 anos. Prazas por sorteo:3.
  • ROTA DE CAMIÑADA : o 19 de xullo. Ruta: Laxe- Cemiterio dos Ingleses (Camariñas). Horario: saída porta do concello ás 10:00 da mañá, regreso sobre as 19:00 horas en autobús. Percorrido: de 27 KM. Levar comida.
  • CAMPUS FÚTBOL “COSTA BERGANTIÑÁ”: DO 21 Ó 24 DE XULLO. Idades: de 7 a 14 anos. Prazas: 18. Cota: 20€. Horario: 10:00 a 14:00 horas. Agasallos: equipación de fútbol e balón.
  • SAÍDA MULTIAVENTURA (Golpe Golf, Baldaio): O 29 DE XULLO. Idades: 7, 17 anos. Cota:20€ (inclúe bocadillo e bebida) ; Prazas: 20. Actividades: tiro arco, tirolina, safari aventura, sendeiro ornitolóxico, golf...
  • SAÍDA CIRCUITO DE KARTING: O 30 DE XULLO. Actividades: Charla técnica, pilotaxe kart. Idades: 7 a 17 anos. Cota:15€; Prazas: 20. Saída: 9:30 horas.

ACTIVIDADES AGOSTO

  • XIMNASIO:DO 2 DE XULLO Ó 31 DE AGOSTO. Luns, Mércores e Xoves de 20:00 a 22:00 horas. Cota: 30€ excepto os xa inscritos nas escolas deportivas de inverno.
  • CURSOS DE VELA: DO 10 DE XULLO Ó 31 DE AGOSTO. En colaboración co Club Náutico de Laxe. Idades: Maiores de 8 anos. Cota: Censados 40€; Non Censados 80€; Socios Club Náutico Laxe 30€..
    - Turno infantil de 8 a 14 anos: prazas 15; luns, mércores e venres de 16:00 a 19:30 horas; martes e xoves de 10:00 a 13:30 horas.
    - Turno maiores de 14 anos: prazas 15; luns, mércores e venres de 10:00 a 13:30 horas; martes e xoves de 16:00 a 19:30 horas.
  • CONCURSO DE PESCA: O 2 DE AGOSTO. Inscricións Club Náutico. Cota: 10€, agasallo unha cana e paseo en barco.
  • ROTA DE CAMIÑADA: O 2 DE AGOSTO: Ruta 2: Laxe-LagoaTraba; Horario: saída da porta do concello ás 10:00 da mañá, regreso sobre ás 15:00 horas. Percorrido de 14 KM.
  • CURSO SURF E BODY-BOARD: DO 4 Ó 8 DE AGOSTO. Curso de 10 horas. Imprescindible saber nadar ben. En colaboración coa Federación Galega de Surf. Quenda: de mañá ou tarde. Cota: Censados 20€; non censados 45€.
  • CAMPIONATO DE VOLEI PRAIA: DO 4 Ó 8 DE AGOSTO. Maiores de 15 anos. Colabora A.dDpT Torre da Moa.
  • PEQUECAMPUS: (CAMPAMENTO URBANO). DO 4 Ó 8 DE AGOSTO.
    - Quenda de mañá 10 a 14 h. Nen@s de 3-6 anos.
    - Quenda tarde de 16 a 20 h. Nen@s de 7-12 anos.COTA: Censados 10€; non censados 15€.
  • PARQUE ACUÁTICO DE CERCEDA: O 19 DE AGOSTO. Saída as 11:00 do Concello. Chegada: 19:00 horas. É obrigatorio saber nadar. Prazas:100. Nenos/as de 8 a 17 anos. Cota: 5€.
  • CLINIC CICLISMO: O 19 DE AGOSTO. Monitor: Jesús Carballeiro, Campión Galego de Mountain Bike. Actividades: técnicas de conducción, maniobras de reparación, circulación en carretera, circuito práctico.
  • CURSO DE DEPORTES NA PRAIA (VOLEI E FÚTBOL PRAIA): DO 18 Ó 29 DE AGOSTO. Nen@s de 7 a 9 anos de 11:00 a 12:00 horas. Nen@s de 10 a 14 anos de 12:00 a 13:00 horas. Cota: 5€.
  • CAMPIONATO SURF E BODYBOARD: DO 29 Ó 31 DE AGOSTO. Praia de Soesto. CIRCUITO GALEGO DE SURF E BODYBOARD.

Novas relacionadas

Fonte e máis información

 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com