Martes, 06 de xaneiro do 2009
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte


Advertisement

RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

O Comité do Hospital louba o HADO e pide aumentar o seu persoal  Correo-e
viernes, 27 de junio do 2008

O Servizo de Hospitalización a Domicilio (HADO) do Hospital Virxe da Xunqueira de Cee segue a traballar arreo mentres que nas altas esferas barállase a posibilidade de aumentar o persoal do mesmo. A filosofía destes Servizos é a de dar asistencia similar á dun paciente ingresado no Hospital pero no seu domicilio. Dende o Comité de Empresa do Hospital Virxe da Xunqueria de Cee queren resaltar a súa labor e de paso, animar ao SERGAS a que aumente o seu persoal que non fará senón mellorar op seu servizo.

Falamos dun sistema de hospitalización moi importante dende varias prespectivas: os hospitais non darían feito, alén de que este sistema élles máis barato; os pacientes fican nos seus entornos, onde se atopan máis cómodos; e as familias non se vén tan desestruturadas tendo que acompañar aos seus queridos horas e horas no hospital.

Aquí na Costa, o área do HADO do Hospital inclúe os Concellos de Finisterre, Corcubión, Cee, Carnota, Muxía, Dumbría, Camariñas, a metade de Zas, 2/3 de Vimianzo e as zonas fronteirizas de Mazaricos co resto da área descrita. O horario é bastante restrinxido dada a falta de persoal, e tan só de 8:00 a 15:00 e de luns a venres está activo, algo que non é moi congruente coa filosofía do servizo.

Así e todo, a necesidade de aumentar o servizo para o benestar da poboación é grande, e máis nunha bisbarra como a nosa, onde op envellecemento da poboación faise cada día máis evidente.

Fonte

 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com