|
A semana pasada Carmen Borbujo, deputada do Grupo Provincial do PP e voceira do PP de Vimianzo, acusaba á Vicepresidencia de discriminar ao concello de Vimianzo coa oferta realizada ao concello para asumir os entes relacionados á educación. Para Borbujo, todo o traballo e o esforzo feito polos vimianceses foi en balde, en tanto que agora chega o Consorcio de Igualdade e Benestar, dependente da Vicepresidencia, e asume o mando das operacións. Hoxe, Borbujo presenta a moción relativa á financiación dos centros educativos do concello. Primeiramente Borbujo quere subliñar as dificultades de xestión que supoñen uns centros destas características en zonas dispersas como a nosa, e asegura que tan importantes son os cartos que chegan da Xunta polo Pacto Local Galego, como os traballos de xestión en cada lugar. O recoñecemento destes problemas quedou recollido no Pacto Local co compromiso de asunción dos custos e mantemento dos centros de ensino primario, coa proposta de que a Consellería de Educación asumiría os gastos de gasóleo dos CEIP a partir do Curso 2007-2008 e da totalidade dos custos dos CPI a partir do 1 de xaneiro de 2008. Borbujo denuncia que a data de hoxe tan só fixéronse cargo dos gastos de gasóleo e de contrátalas de limpeza externalizadas, sen que exista unha previsión do cumprimento dos compromisos adoptados pola Xunta de Galicia. Así, o PP insta á Xunta de Galicia a acelerar os mecanismos de xestión necesarios para o cumprimento dos acordos e calendarios recollidos no Pacto Local no que aos custos de mantemento dos centros de ensino primario refírese. Tamén pide incrementar as partidas orzamentarias da Deputación da Coruña, nos apartados de servizos de apoio aos concellos,. Moción do PP de Vimianzo Dª Carmen Borbujo, deputada do Grupo Provincial do Partido Popular, para o seu tratamento na Sesión Plenaria da Corporación, ao amparo do disposto no articulo 65 do Regulamento Orgánico desta Deputación, presenta a seguinte MOCIÓN RELATIVA A La FINANCIACION PARA MANTEMENTO CENTROS EDUCATIVOS. Exposición de motivos A Lei 7/1985 de 2 de abril de réxime local e a Lei de Administración Local de Galicia ( Lei 5/1997 de 22 de xullo) establecen o marco competencial dos municipios, e xa que logo os servizos aos que deben de facer fronte. Paralelamente, ao tratarse da administración máis próxima ao ciudadanao, nos últimos anos viñeron asumindo un número cada vez máis elevado de prestación de servizos. Neste contexto competencial, os concellos constitúen a administración máis débil financieramente. O proceso de deseño competencial marcado na épocca democrática española levou unha gran descentralización desde o Estado aos gobernos das CCAA e unha delegación cada vez maior de prestación de servizos aos gobernos locais, pero non foi acompañada dun desenvolvemento das facendas locais que lles permita facer fronte con solvencia aos compromisos financeiros que estes servizos requiren. Así, mentres as CCAA foron crecendo na súa capacidade de gasto ata chegar a executar o 40% do gasto das administracións públicas en España, os concellos quedáronse nun 13% do total do gasto. A constatación das debilidades deste marco competencial e financeiro levou á firma do Pacto Local Galego. Nel recollíanse os compromisos financeiros, de recoñecemento de competencias e corresponsabilidade entre a Xunta de Galicia e os concellos, e os mecanismos de coordinación. Este desaxuste entre as competencias e servizos prestados polos gobernos locais e a Xunta de Galicia e a capacidade financeira para afrontalos ten unha nítida expresión no que se refire aos compromisos de mantemento dos centros de ensino primario. A FEGAMP calculou que a achega municipal ao mantemento dos centros escolares de primaria ascende a 50 millóns de euros ao ano. Se importante é a contía económica, non menor é o esforzo de xestión que a contratación e prestación dos servizos de calefacción, custodia, de limpeza, de pintura e obras de mantemento esixe para o seu axuste cos calendarios escolares e as necesidades concretas de cada concello. Se problemática é a xestión nos centros de Educación Primaria, as dificultades agudízanse, polo número e dispersión, no mantemento das escolas unitarias, máis de 100 na provincia da Coruña, nas que , en moitos casos, son manifestas as necesidades de mellora e mantemento. O recoñecemento destes problemas quedou recollido no Pacto Local co compromiso de asunción dos custos e mantemento dos centros de ensino primario, coa proposta de que a Consellería de Educación asumiría os gastos de gasóleo dos CEIP a partir do Curso 2007-2008 e da totalidade dos custos dos CPI a partir do 1 de xaneiro de 2008. Con todo a data de hoxe tan só fixéronse cargo dos gastos de gasóleo e de contrátalas de limpeza externalizadas, sen que exista unha previsión do cumprimento dos compromisos adoptados pola Xunta de Galicia. Ambos os feitos, as dificultades financeiras, e a expectativa de asunción destes gastos e servizos pola Consellería de educación provocou que se xere unha situación de impas e desconcerto na que os concellos teñen que dar rápida solución ás demandas de obras, pintura, mantementos de instalacións...nun momento crítico, como é o período preestival no que deben de abordarse as obras e tarefas para evitar o seu impacto unha vez iniciada a actividade escolar en setembro, sen que exista unha resposta da Xunta de Galicia. A Deputación Provincial, na súa función de entidade de apoio técnico e financeiro dos concellos, ten a responsabilidade de responder con eficacia e celeridade ás necesidades destes. Por todo o anteriormente exposto, o Grupo Provincial do Partido Popular na Deputación da Coruña presenta a seguinte: MOCIÓN A Corporación da Deputación Provincial da Coruña en Pleno acorde:
|