A Costa da Morte quedará mellor comunicada tras este repaso das liñas. Vimianzo convertirase de novo no centro da bisbarra e son 6 a novas liñas que pasarán por dito concello:
Os horarios e os seus períodos de prestación na páxina web (www.cptopt.xunta.es).
POLÍTICA TERRITORIAL AUTORIZA OUTRAS QUINCE LIÑAS DE NOITEBÚS QUE ESTARÁN EN FUNCIONAMENTO NOS VINDEIROS MESES
- Sumadas ás 116 rutas xa concedidas, en total haberá 131 rutas de Noitebús en toda Galicia.
- O prezo do billete será de 2 euros durante toda a noite e o calendario, horarios e paradas poden consultarse na web www.cptopt.xunta.es.
Santiago, 26 de xuño de 2008.- A Dirección Xeral de Transportes ven de autorizar outras quince novas liñas Noitebús que funcionarán durante os vindeiros meses e que se engaden ás 116 xa autorizadas ata a semana pasada. Deste xeito, xa hai 131 liñas autorizadas en toda Galicia. En calquera caso, esta programación continúa aberta á incorporación de máis itinerarios a medida que a CPTOPT resolva todas as solicitudes presentadas polos concellos e empresas operadoras.
As rutas autorizadas hoxe son as seguintes:
A Tolda (Carballedo)-Chantada, Friol-Toques-Melide, Friol-Lugo, Lalín-Rodeiro-Chantada, Pontebarxas-Cortegada, Lalín-Rodeiro-Agolada-Melide, Caxadas-Vimianzo, Buño-Vimianzo, Carballo-Nantón-Vimianzo, Fisterra-Vimianzo, Muxía-Vimianzo, Santa Comba-Vimianzo, Lavacolla-Santiago, Santa Mariña-Camariñas-Santa Mariña e Baio-Camariñas.
Dentro das 131 rutas autorizadas ata o de agora figuran itinerarios xa consolidados ao longo de todo o ano, outras que funcionan de forma estacionaria durante determinadas épocas do ano, rutas que se redefinen para axustalas á demanda e outras totalmente novas. Por esta razón, dende Política Territorial aconséllase que se consulten as distintas rutas, os seus horarios e os seus períodos de prestación na páxina web (www.cptopt.xunta.es), con independencia das accións de difusión ás que están obrigados os concellos e empresas que reciben as axudas da Consellería ao respecto. Como novidade nesta convocatoria, co fin de facilitar o acceso a esta información, Política Territorial deseñou un novo formato informativo que pode ser empregado como calendario de man e descargado a través da súa páxina web.
O que non variará é o custo do billete que será, en todos os casos, de 2 euros, importe que dará dereito á utilización sen límite de veces do servizo ao longo dunha mesma xornada.
Para acadar a consolidación deste servizo que se iniciou como experiencia piloto en 2006, a Consellería de Política Territorial habilitou este ano unha liña de axudas dotada con 4,2 millóns de euros (o triplo que en 2007) dirixida a concellos e empresas operadoras interesados en implantar servizos de transporte nocturno baixo a marca Noitebús ata xullo de 2009.
Cómpre lembrar que o Noitebús é unha das medidas incluídas no Plan Galego de Seguridade Viaria 2006-2010 da Xunta de Galicia coordinado pola CPTOPT en co fin de atallar a siniestralidade nas estradas. Precisamente, dado que o verán é unha das épocas nas que se rexistran maiores desprazamentos nocturnos, Política Territorial fai un chamamento aos mozos a empregar o Noitebús como unha alternativa segura, cómoda e asequible respecto ao uso do vehículo privado, e, sobre todo, como unha medida que, singularmente, vai dirixida a mellorar a seguridade viaria dos máis novos e, por tanto, reducir a siniestralidade en desprazamentos realizados no tempo de lecer.
Novas relacionadas
Fonte