doMngo, 07 de setembro do 2008
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte


Advertisement

RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Os traballadores tomaron San Caetano para protestar contra a privatización e os chiringuitos  Correo-e
viernes, 27 de junio do 2008

Varias concetracións coincidiron onte, xoves 26 de xuño de 2008, ás portas de San Caetano, nas dependencias da Xunta en Santiago de Compostela. Á convocada polas organizacións sindicais para protestar contra a privatización e chiringuitos da Xunta, uníuse unha concentración case que espontánea para lembrarlle á Consellería de Pesca que a loita contra o Plan Acuícola segue en pé.

O Pladiga e sindicatos contra os chiringuitos

Os traballadores do Plan de Defensa contra Incendios de Galiza, entre outros, xuntáronse para manifestar o seu malestar ante a privatición do sector. Malia que o nome do novo ente creado por Medio Rural, Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos S.A. (SEAGA.S.A), os traballadores e os sindicatos consideran o ente puramente privado, dada a súa política de recortes nas condicións laborais. Algo semellante ocorre co INCAGAL, Instituto galego da calidade alimentaria, que tamén estivo nas voces dos traballadores.

SEAGA NON SE TRAGA era un dos cánticos máis repetidos polas rúas compostelanas, en tanto que os case que medio millar de manifestantes corearon berros en favor do emprego público de calidade.

Loita acuícola

Image 

Como nos conta Xosé Manuel Casais, presindente da Plataforma pola defensa do patrimonio cultural de Quilmas, a marea multicolor paseouse polas inmediacións da Xunta. Uns 150 veciños chegados de Merexo, Camelle, Corrubedo e Quilmas sacaron de novo as pancartas para lembrar que a loita non cesa, e que chegará a onde faga falta. Casais sinala que está cocéndose unha nova revolta irmandiña, mentres asegura que o pobo está máis concienciado que nunca. Os mesmos veciños de Quilmas o teñen claro: non vou deixar que me rouben as terras, sinalaba algún con contundencia.

Bieito Lobeira avisa á StoltImage

Estes días, Bieito Lobeira sae á palestra para protestar "Pola defensa dun traballo digno na empresa Stolt Sea Farm". Esa pode ser a idea principal da aparición estes días do voceiro do BNG, Bieito Lobeira. Pero, xa que pide un traballo digno, por que a consellería de Medio Rura non toma exemplo e deixa de recortar dereitos aos traballadores do Pladiga, como vimos arriba?

A CIG, sindicato vencellado a dito partido, está a traballar moito para facer públicas as decisións da directiva da empresa norueguesa, e desta volta é o propio partido o que levanta a voz. Non é un simple problema sindical, por iso participamos como partido político para pedir á empresa que cese as prácticas de acoso e que non solucione os problemas laborais con despidos. Lobeira lembrou que nos últimos anos xa van 20 despidos, a maioría como represalia perante a actividade sindical, como ocorreu co propio presidente do comité de empresa, que tras ir a xuizo, tivo que ser readmitido.

Pedimos un emprego de calidade, sinalou Lobeira, que lembrou a situación de conxelación salarial, e polo tanto de perda de poder adquisitivo, dos traballadores da empresa, xa que a directiva non dá paso algún cara a aprobación do convenio colectivo dende hai 1 ano e 7 meses. Tamén apuntou a necesida de crear un clima propicio para o traballo, nunha empresa que mantén unha boa cantidde de beneficios, que, por suposto, non se reparten os traballadores. Xa está ben!, repetíu Bieito.Image

Lobeira lembrou ademais un dos puntos máis importantes do asunto. Esta empresa recibe cuantiosas cantidades de cartos das arcas públicas que se teñen que vincular á creación de emprego de calidade. Aquí hai un problema enorme. Esta empresa, de Noruega, está a recibir unha cantidades enormes da Xunta, pero tamén do actual FEP (Fondo Europeo de Pesca), que prioriza a piscicultura por diante doutros sectores máis febles do país. Lobeira sinalou que o BNG non concorda con estas prioridades do FEP pero sinala que este obriga a crear emprego de calidade e de contratación da mocidade.

Novas relacionadas

Fonte

 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com