doMngo, 12 de outubro do 2008
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte


Advertisement

RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Festas e eventos para esta última semana de xuño  Correo-e
viernes, 27 de junio do 2008

Cine de CormeImage

Este, como cada venres sen falta, a Asociación de Veciños Eduardo Pondal de Corme segue co seu ciclo de cine dedicado a gardel. Hoxe o filme proxectado no taller da asociación é Melodía de arrabal, de Louis J. garnier, realizada en 1932. Imperio Argentina acompaña ao artista.

Multiaventura en Carnota

O venres 27 deste xuño de 2008, o concello organiza tamén o “Día de Multiaventura”, adicado en especial aos nenos.Ttirolina, rocodromo rappel, ponte mono, escalas e xogos variados, serán as actividades que se poderán realizar, ao carón do campo de Lombáns, preto da Boca do Río.

San Pedro da Redonda 2008Image

Este ano o San Pedro cae en fin de semana, de xeito que se agarda unha espectacular participación e un ambiente san entre todos os corcubioneses que suban ao campo de San Pedro. A festa comeza o sábado 28, de seguro xa ao longo do día, e pola tardiña cunha Gran Sardiñada a partir das 20:00. O gran día é propio San Pedro, o domingo 29 de xuño. Ás 12:00 haberá unha misa solemne e pasarrúas, para dar paso á sesión vermú, que correrá da man da orquestra Trova. Pola tarde, un grupo de gaitas percorrerá o campo entretendo aos presentes, e xa pola noite disfrutaremos da Gran Verbena con América S.L. e Trova.

O luns tamén hai troula. Ás 12:00 misa e pasarrúas, ao mediodía S.V. con Costamar e pola noite verbena coas orquestras Satélites e Costamar.

Música e clowns en MuxíaImageImage

O sábado 28 de xuño de 2008 preséntase movidito por Muxía. Haberá de todo, e de calidade, ademais. Pola tarde poderemos disfrutar dun festival de Animación de rúa, cos clowns e paiasos dos Remedios Peregríns. Xa pola noite, a expalanda do porto acollerá un concerto moi especial. Nada menos que Berrogüeto tocará baixo o telón do Vai de Camiño. Poderemos escoitar a nova voz do grupo, Xabier Díaz, que ademais aparecerá co seu Xabier Díaz Grupo como artista invitado. Tamén subirán ao escenario Espido, Lizgairo e Talabarte Trío.

Festa da Carballeira de Baio

Este domingo celébrase a romería que organiza a asociación cultural Adro. Pola mañá haberá pasarrúas e misa solemne, cunha sardiñada de balde cara o mediodía amenizada polos gaiteros de Anos e o grupo do Adro. Continuarán as charangas da man de BMW, Mekánica e Os Jalochos. Pola noite, o trío Nuevo Ritmo e o grupo Paso de Cebra porán a nota musical á verbena.

Día da Bicicleta en Cee

Este domingo 29 de xuño de 2008 ten lugar o día estrella das actividades deportivas en Cee. O percorrido do Día da Bici subirá ata o miradoiro de Ameixenda, logo de partir do centro comercial cara ás 11:00, e onde haberá algo para picar e para recuperar forzas. A volta será polo interior da bonita aldea de Ameixenda no que serán un total de 10 quilómetros ata a Alameda. Páseno ben. 

Feira da TrabeImage

Como cada sábado, este sábado 28 de xuño, tamñen hai feira en Ponteceso. Cos postos de textil, calzado, antigüidades, artesanía, peixe, froita, churros, polbeira...

Clausura da Asociación Pepe Valiña de Baio

A escola de música da asociación cultural Pepe Valiña de Baio despide o ano, hoxe venres, con actuacións varias.

Sendeirismo vimiancés por Mazaricos

O concello de Vimianzo organiza unha excursión o sábado 28 que os levará pola zona de Mazaricos e do Monte Pindo. Poden informarse no concello, no número 981 71 60 01.

Clausura das Escolas de Teatro en Zas

O mesmo sábado 28 de xuño de 2008, Zas acolle a Clausura das Escolas de teatro. Os alumnos da escola de Teatro do Concello de Zas recibirán os diplomas no Auditorio de Baio, e represenatrán a partir das 20:00 as seguintes obras: A nena que no podía deci-lo A; O inspector; O partido; O ramo; e Soy un truhán.

Festival de Baile Galego

A Ponte do Porto acolle este domingo 29 xuño, ás 18:00h un festival realizado pola Escola Municipal de Baile Galego.

Festival da Escola de Música de Fisterra

O domingo 29 de xuño o pavillón municipal de Fisterra acolle un festival como peche do curso da Escola de Música Municipal. Terá lugar ás 19:30h e contará con diferentes participacións como é o Coro Parroquial de Santa María das Areas.

Grellada do Unión Club Cee

Este sábado 28 de xuño ás 21.00 h. na chaira do antigo .E.S.Agra de Raíces de Cee, o Unión Club Cee organizará unha grellada-churrascada para todos os socios, afeccionados e simpatizantes.

Maratón de Fútbol 7 de VimianzoImage

O Unión Vimianzo organiza a IV edición deste maratón, que contará con máis de 20 equipos apuntados. O vernes é o sorteo e durante o sábado e o domingo iranse disputando os partidos ao longo do día no campo municipal. Repartiranse 1.800 puntos en premios.

Finais da Copa da CostaImage

Este domingo ten sabor a Copa da Costa. En Ponteceso agárdase un ambiente espectacular para recibir a volta da final entre os locais e o Cee. Terá lugar ás 18:00. Tanto a Radio Nordés, que vemos o cartel, como a Radio Neria retransmitirán o encontro en directo. O mesmo farán dende Muxía, pero por internet, co esa estupenda páxina dos Piratas de Muxía

Pero non quedan aí as finais. O campo das Redondas de Cabana terá lugar a final da coap da costa de veteranos. O BerTotteham e a Fabada Mecánica enforntaranse ás 12:00 da mañá, logo dun encontro entre as Seleccións de Primeira e Segunda división. A xornada finalizará cun xantar común para todos, unha comida de confraternización.

Fonte

  • Redacción.
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com