|
A Asociación "Universidade Popular escola de Verao de Corcubión" quere agradecer a toda a vila de Corcubión e aos asistentes ao I Gran Festival Exhibición e de Baile Multiestilos de Corcubión clebrado o pasado sábado 21 de xuño, polo bo recibimento que lle ofreceron ao Grupo de Baile Nerio, que debutaba para a ocasión. O grupo de baile, capitaneado por Diego Díaz, amosou todo o traballo realizado dende febreiro, e a resposta do público foi exemplar. Aí quedan as palabras de gratitude da asociación para con todos os asistentes e para coa organización. “COMUNICADO DE AGRADECEMENTO POLO BO RECIBIMENTO AO GRUPO DE BAILE NERIO DA UNIVERSIDADE POPULAR DE CORCUBIÓN” Dende a directiva da Asociación Universidade Popular de Corcubión queremos agradecer o bo recibimento por parte dos asistentes ao I Gran Festival Exhibición e de Baile Multiestilos de Corcubión o sábado 21 de xuño. Cando Fani, artífice do I Gran Festival Exhibición e de Baile Multiestilos que tivo lugar en Corcubión o sábado 21 de xuño de 2008, propuxo á Universidade Popular que mediante o seu Grupo de Baile Nerio capitaneado por Diego Díaz (á vez tesoureiro) fixera unha exibición das pezas que se estaban a ensaiar non o dúbidamos un momento; máis aínda cando nós seríamos desta forma a representación do baile popular galego neste evento. Desta maneira brindousenos a posibilidade de dar a coñecer aos veciños e veciñas o que levamos preparando dende febreiro. Os rapaces e rapazas danzaron ao son da música Muiñeira de Ourense a Muiñeira dos Pequenos; unha vez enriba do escenario da Casa da Cultura María Blanco, Alba Rodríguez, Raquel Miñones, Nacho Coronilla, Alejandro Díaz , Ana Blanco, Elena Coronilla e Ana Rodríguez(Anita) (a sabia nova da nosa asociación) fixo ao público asistente recordar os tempos nos que este grupo de baile fora o berce dun elenco importante de homes e mulleres que chegaron lonxe no arte do baile. Tras os pequenos chegaron os maiores, xente que dende febreiro retomou ou comezou a andaina deixada fai uns anos atrás. A Muiñeira do Roi Xordo e a Gran Pandeirada foron bailadas con forza e arraigo por Alicia Antelo, Raquel García, Catrina Campos, Laura Caamaño, Tania Franco, Laura Picallo, Raquel Ramos, Diego Díaz (mestre), Gustavo Mesías e Oscar Ínsua. Faltaban algunhas persoas, pero que de seguro a próxima vez mostraranos as súas dotes enriba dun escenario(como é o caso de Jan, ao que lle desecamos unha pronta recuperación da súa escaiolada perna). Aproximadamente tras 5 anos de inexistencia total do Baile Nerio (desta vez non na man de Lola e Ricardo (antigos mestres) senón de Diego, pupilo destes dous), en Corcubión volvése a falar del, e con opinións positivas da actuación que se levou a cabo o sábado e que esperemos que as cousas sigan así para poder seguir deleitándovos cos nosos bailes. Grazas a todos e todas polo voso apoio. Máis información Fonte
|