|
A sala Marina de Camariñas acolle dende o pasado luns a exposición ‘O mundo das árbores’. Esta mostra explica as características das diferentes especies arborícolas que se poden atopar na Península Ibérica, para que a través do seu coñecemento a sociedade aprenda a preservalas. A exposición está formada por 36 paneis fotográficos de 70x100 centímetros de tamaño, ademais de mostras de cortes de madeira nas que se poden apreciar os aneis de crecemento e detalles da cortiza, ou un semilleiro, entre outros elementos. Cada fotografía acompáñase dun texto no que se describen os aspectos máis importantes de cada árbore e algúns dos datos máis singulares como as súas dimensións, enfermidades, pragas, crecemento e usos tradicionais. A mostra poderá visitarse ata o próximo 16 de xullo e poderá visitarse en horario de 17.00 a 20.00 horas. Polas mañás haberá obradoiros didácticos para todas as idades. Obra social Esta exposición está patrocinada pola Obra Social de Caixa Galicia, e segundo explican dende a propia institución, pretende ser unha chamada de atención á preservación dos montes e bosques galegos, ademais de ao aproveitamento sostible dos recursos naturais. Tamén fan fincapé na necesidade de que os cidadáns xoguen un papel fundamental na conservación, preservación e aproveitamento sostible da natureza. Análise da Situación A través das fotografías presentes na mostra preténdense abordar varios temas: a presión humana, a desertización, enfermidades, contaminación, lumes e destrucción do hábitat. Pero tamén as vantaxes do medio natural, que é un sumidoiro de dióxido de carbono, enriquece o chan, mellora a paisaxe, fixa novo chan e é o ecosistema de moitas especies animais. Fonte
|