
Hoxe pasamos por unha bitácora ben festeira. Dende Vimianzo, co gallo do asalto irmandiño, abriron este ano a posibilidade de darlle máis repercusión ao evento, ao gran Asalto ao Castelo, con este espazo submariño onde as xentes de todo o país poidan seguir de preto a evolución na organización e as cousas máis interesantes que ocorran arredor de Vimianzo. Este ano será o XIII Asalto Irmandiño, e cadra a 5 de xullo de 2008. Ano tras ano vai collendo forma, e cada vez hai máis expectación e todo está mellor traballado. Hoxe, mesmo, sábado 28 de xuño de 2008, os actores, entre os que se atopa Suso Lista, ensaian no mesmo castelo, para que todo saia ben. Haberá de todo, dende xogos pola tardiña a concertos pola noite, é a medianoite.... o ASALTO!. Pero a bitácora non só repasa a actualidade da festa. Tamén conta os pormenores do concello e trata de ser un lugar de referencia no rede vimiancesa. Agardamos que non morra co final da festa, que nos conten como foi con imaxes e vídeos como este, do ano pasado. Botade un ollo e mirade que estar alí ten que ser algo diferente, como trasladármonos uns séculos atrás. Aupa o espírito irmandiño. Bitácoras anteriores Fonte
|