|
A pasada fin de semana tiveron lugar na Confraría de Pescadores de O Pindo as III Xornadas de Pesca. Baixo o lema “O mar, o noso patrimonio”, desenvolvéronse unha serie de ponencias e actividades encamiñadas a por de manifesto a cantidade de patrimonio, tanto físico e natural, como histórico, que se desenvolve en torno ó mar. 1ª xornada
Durante toda a semana leváronse a cabo unha serie de obradoiros adicados ós máis pequenos: obradoiro de nós mariños, pesca a pé, murais mariños,… que tiveron un 100% de acollida polos máis novos. As charlas das xornadas comenzaron o venres pola tarde, nas que houbo unha media de participación do redor de 60 persoas. Este día comenzou coa Secretaria e co Patrón Maior da confraría que fixeron unha primeira presentación das xornadas, que logo inaugurou o Delegado Comarcal da Consellería de Pesca de Ribeira. A Secretaria da confraría fixo fincapé na cantidade de patrimonio que existe e que pertencen a mesma. Éste non só é físico senón que se compón dunha serie de vocabulario, costumes, recordos, historias, gastronomía,… que comportan o noso maior patrimonio. Relatorios O primeiro relator da tarde foi Bieito Lobeira, especialmente sensible e gran coñecedor do mundo do mar, fixo mención na súa ponencia a toda esa influencia que o mar ten nos que vivimos a carón del, así o fixo ó longo da historia e o segue a facer. Tamén Emilio Louro Lamela, Milucho, Secretario da confraría de Lira, tratou o tema da pesca como patrimonio e como facer para coidala, explicando os pasos que se levaron a cabo para a obtención da reserva mariña de interés pesqueiro Os Miñarzos. Para rematar as charlas deste día, Purficación Alfonso, Presidenta de Ardora, centrouse nas expresións, ditos e refráns,… que son típicas dos que vivimos na costa e que non entenderían outras persoas do interior e que forman parte da nosa linguaxe habitual. Música de Luar na Lubre A xornada da tarde rematou coa actuación de Bieito Romero (que vemos na fotografía de arriba á esquerda de todo), do grupo “Luar na Lubre”, que acompañado de dous dos seus músicos, nos deleitaron coas súas interpretacións que foron seguidas por máis de 100 persoas. Peche degustación O peche das III Xornadas tivo lugar na lonxa coa degustación de productos típicos do lugar cociñados de diferentes xeitos por diferentes persoas, socios/as e non socios/as, como por ejemplo: empanadas de berberchos, pulpo ou calamares, caramuxas, lamparóns, paella, sardiñas afogadas, fabas con mexillóns, mexillóns en vinagreta ou ó vapor, pastel de rodaballo, rodaballo frito,… Xornada do sábado O sábado pola mañá comenzou coa proxección do DVD “Reservas Mariñas, Reservas de vida”. Que dou paso a charla de Martina Romero Lago, bióloga, que nos explicou as claves de realizar un marisqueo responsable. Tamén Lino Lema, Xefe do Servizo de Estudos Pesqueiros, tivo como base da súa exposición a sostibilidade do recurso para poder facer un uso responsable do patrimonio e medio ambiente por parte do sector. Tras un pequeno debate demos paso a un descanso para voltar xa co patrimonio físico, por parte de Encarna Otero que como Directora Xeral de Fomento e Calidade da Vivenda aproveitou para explicar detalladamente o proxecto de rehabilitación das casetas de pescadores de Caldebarcos. A Caseta de Pepe do Cuco Este día pola tarde visitouse en sito ditas casetas e a continuación a xa restaurada caseta de Pepe do Cuco, en Lira, que xa se converteu nun pequeno museo da Confraría de Pescadores de Lira. Para finalizar a xornada do sábado, no porto do Pindo tivo lugar unha sardiñada tradicional coa asistencia de grandes e pequenos do pobo; esta noite foi amenizada polo grupo de gaitas “Xeitura” de Esteiro. Domingo O domingo pola mañá, como remata das xornadas e como broche de ouro e seguindo, como non, as tradicións dos anos pasados, quixemos rendir homenaxe as persoas do lugar que ás veces son descoñecidas e participaron en grandes eventos que marcaron a historia do noso país. Este ano Xilberto Caamaño fixo unha homenaxe a un veciño do Pindo chamado Ramón Casais Lago, “o resucitado” que participou nas guerras do Pacífico, na fragata Almansa (1866). O seguinte ponente foi Manuel París, que nos explicou o proxecto que ten a confraría de pescadores do Pindo para a recuperación do patrimonio marítimo-pesqueiro. A confraría obtou a unha subvención da UE para levar a cabo dito proxecto, o cal foi elidido dentre 200. A continuación fíxocse un pequeno paréntesis para tomar un café, e logo Pablo Villamar, Vicepresidente da Deputación Provincial da Coruña, falounos da colaboración, que a Deputación presta a esta entidade por medio de subvencións. E por último, para rematar as xornadas Mª Carmen Sebio Rendo como Presidenta da Agrupación de mariscadoras da confraría, dou as grazas a tódolos presentes e a tódolos que colaboraron para a realización das mesmas. Finalizando e clausurando as xornadas estiveron o Presidenta e o Vicepresidente da Deputación. Fonte - Nota de prensa da Confraría do Pindo.
|