|
Trocamos as 3C por un pequeno tren turístico no norte da Costa |
Correo-e
|
|
sábado, 28 de junio do 2008 |
|
A Costa da Morte leva máis dun século loitando por un servizo ferroviario que permita establecer unha mellor comunicación coas cidades importantes da provincia, así como crear unha rede de comunicación interna eficaz. Dados os problemas na rede de autobuses, que apesar da cantidade de protestas que se están a repetir, a bisbarra continúa totalmente desfragmentada, e a posibilidade de vivir nun punto e traballar noutro implica a necesidade de depender dun vehículo particular. Aquel que non teña carné de conducir ou non poida, teno difícil na nosa bisbarra, e a dependecia do sistema de autobuses convírtese nunha odisea diaria. Pero todos estes problemas non parecen importantes. Semella que moito máis importante é o sector turístico. Así, no canto dunha liña que una as Coruña-Carballo-Corcubión, como pedía Pepe Miñóns hai máis de 100 anos, teremos un treneciño turístico entre os concellos de Cabana de Bergantiños, Laxe e Ponteceso. O importe do proxecto é de 188.000 euros, no que será un tren neumático, deses que vai pola estrada. Constará dunha locomotora e dous vagóns, e a obra encádrase no Plan de Dinamización Turística de la Costa da Morte. Pois nada. Novas relacionadas Fonte
|