Martes, 06 de xaneiro do 2009
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte


Advertisement

RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

O Porto de Suso: O corvo  Correo-e
sábado, 28 de junio do 2008

Hai máis de dous nos que observo tódolos días ao atardecer, como un corvo, despois de parar uns minutos na póla dun pino seco, -na mesma póla do mesmo pino seco- acércase voando ata unha casa que está a pé de praia, e que ten a particularidade –a casa-, de que os seus cristais das fiestras son de eses cristais de espello que, para evitar miradas indiscretas dentro da intimidade da casa, tan comúns se fan nestes tempos de incomunicación persoal, a pesar de que o espacio estea cheo de satélites e o éter de ondas con voces e imaxes.

O certo é, que este corvo –supoño que sempre é o mesmo-, vai cara a fiestra do segundo piso, a que está no balcón, e, desde ese balcón ponse a mirar cara esa fiestra durante varios minutos, mirándose en distintas posicións, mesmo intenta arrimarse ao reflexado, chocando no intento contra a súa imaxe reflexada nese espello. Non sei moi ben a que se debe esta reacción nun animal, que moitos creen de mal agoiro, pero que calquera que sepa un pouco de aves, sabe, que é un dos paxaros mais listos, senón o que mais, do mundo animal.

Durante un tempo pensei, ao igual que sucede cas gaivotas, que se lles dás de comer, volven como se fosen galiñas, que alguén alimentaba a ese córvido, pero pronto descartei esa posibilidade, xa que nesa casa, non habitaba ninguén, polo que empecei a pensar, que de algunha maneira, ese corvo era un presumido, e que ese despregue de poses diante do espello obedecía precisamente a esa coquetería, tan humana e tan vaidosa.

Nos humanos, esta coquetería e este disfraz de quen non se é pero se pretende ser, sirve para, precisamente, enganar a posible parexa de quen en realidade se é, e así, poder acadar mais éxito na conquista ante outros contrincantes. Pero o corvo, soio se dedicaba a mirarse e de cando en vez, a intentar tocar ao reflexado, polo que supuxen que tampouco se debía a coquetería ese afán por volver tódolos días a observarse. Foi precisamente esa rutina diaria, a que fixo que o corvo caese ante as pedras de alguén, que tomando esa presenza como anuncio de morte, aplicoulla precisamente a quen todo iso iñoraba. E aquí se acaba esta historia, de este corvo primoroso, que todos tiñan por feo, pero el víase fermoso.

Columnas anteriores

 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com