doMngo, 12 de outubro do 2008
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte


Advertisement

RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Colleitando música galega (XI): Baking Blues  Correo-e
sábado, 28 de junio do 2008

Voltamos con música, e con música de raíces. Malia ser brancos, e galegos, son capaces de tocar un blues coma ninguén. A banda dos Baking Blues (alogo así como Forneando Blues) criouse en Compostela. De alí son Tato (guitarra), David (baixo) e Fran (batería e voz), que acompañan ao profr de filososfíado IES Fernando Blenco de Cee, Javi Turnes (o de Portomouros, Val do Dubra, pona guitarra e a voz principal) nesta andaina polas músicas de sempre.Image

Non son moi habituais, e menos pola Costa da Morte, grupos de músicaque se saian un pouco do pop e o rock, pero podemos sentírmonos afortunados de podelos disfrutar de cando en vez por aquí. Tocan de cando en vez no encantador bar Rodín, e cando hai calquera opción non dubidan en sacar os instrumentos e poñerse a tocar onde sexa.

Así surxíu o concerto de San Xoán. Alí estaban, no peirao de Corcubión, no Carrumeiro, 3 dos 4 membros da banda santiaguesa Baking Blues, faltaba Tato que non puido acodir. Para completar a formación e como soen facer nas súas aparicións no bar Rodín de Cee, xuntan a varios amigos da zona. O pasado luns acompañaban o corcubionés Drok ao caixón flamenco, o fenómeno profe de historia Rafa Mississipi á armónica, e Marcos Trillo, que sacou as guitarrras e deulle outro toque especial á xornada. Entre os 6 deron un espectáculo encantador, que podedes valorar neste vídeo de Ophelia:

Agardamos que non marchen de aquí nunca, e que sigan compartindo a súa música pola bisbarra, que poidan acodir ao festival de jazz de Laxe, por exemplo, e que cada mes nos deleiten coa súa actuación en Cee. Un pracer telos por aquí, non cabe dúbida.

Novas relacionadas

Grupos anteriores

Fonte

  • Redacción.
  • Vídeo e fotografía de Rosaura Romo Hernández.
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com