|

Leíamos o outro día por Vieiros que a Consellería de Medio Ambiente está a xestionando os trámites para a aprobación do Decreto do Plan de Xestión do Lobo. Semella que o nome xa o di todo, e que o lobo é unha mercadoría que habemos xestionar para que non quedemos sen stock pero que nunca nos sobrepase a produción. A principal teima do plan é a calificación do lobo como especie cinexética. No borrador presentado hai 2 meses, a consellería propuña a eliminación de dita calificación, pero disque a presión do sector agrogandeiro ten moito poder no país. Como nos conta o noso experto na materia, un dos meirandes observadores do lobo a nivel nacional, Francisco Santiago López (pasen a velos seus impresionantes vídeos no youtube de Quepasanacosta), o principio cinexético contradícese co de protección, por iso chámase plan de xestión do lobo cando deberíamos falar de PLAN DE PROTECCIÓN. Mentres consideremos ao lobo como especie cinexética estamos na mesma de sempre. Cando gandeiros e cazadores volten a chorar xa está armada outra vez. Podemos tomar exemplo dos nosos primos portugueses, que anularon a calificación de cinexética. Así e todo, o conselleiro Vázquez asegura que o lobo vai estar máis protexido con este novo plan e que as batidas só poderán ser realizadas baixo a organización da Xunta e non polos cazadores, sempre que haia danos reiterados nunha mesma zona. O problema volve ser o de sempre. A política está en todo e o nin o lobo libra dela. Con todo isto polo medio resulta inútil protexer ás especies e ao medio natural, como resalta Paco, que tamén apunta que na práctica non se vai a cumplir nin o 10 % do plan, polo que a única boa noticia é que, malo ou bó, existe un plan.. Paco é claro e considera que falamos dun plan Á CARTA de gandeiros e cazadores, que non protexe á especie ó 100%. Auvidos. Novas relacionadas Fonte
|