|
Mañá, martes 1 de xullo, a partires das 19:00h, no "baixo de Gelín", a Asociación de Veciños "Eduardo Pondal" de Corme, inagurará a I Mostra de Manualidades e Artesanía. Esta mostra, que permanecerá aberta durante todo o mes de Xullo, recolle traballos realizados polo Obradoiro de Manualidades da Avv durante 2008 e tamén outros traballos artesanais de veciños do pobo, que amosan a súa creatividade. O horario é de 10h a 12h e de 19h e 21h. Praia bus O Concello de Ponteceso porá en marcha, nos meses de Xullo e Agosto, un servicio de transporte á praia de Balarés. Este servicio terá como itinerario piloto: zona da galescola e casa da cultura en Ponteceso, praza do Relleno, O Couto e Balarés. Realizaranse dúas expedicións de ida e volta todos os días. Unha ás 12.00h con regreso ás 14:30h e outra con saída ás 15:00h e regreso as 19:30h. Os billetes, que terán un custo de 0,50€ ida e volta, poderán retirarse nas dependencias do Concello de 09:00h a 15:00h. Cine nas parroquias O Concello organiza, dentro do programa Verán Cultural e deportivo 2008, unha proxección de cine na parroquia de Corme-Aldea. Será mañá 1 de Xullo ás 22.30h na Casa dos Veciños. O filme elixido é La búsqueda 2. Emprego no Concello de Ponteceso Ábrese o prazo de presentación de instancias para participar no proceso selectivo de 10 peóns-limpeza de praias. Tras resolución da alcaldía núm. 160 do 27 de xuño de 2008, ábrese o prazo de presentación de instancias para partipar no proceso selectivo de 10 peóns de limpeza de praias. Presentación de instancias, ata o 2 de Xullo de 2008 ás 14.00h nas oficinas municipais deste Concello. Fonte
|