doMngo, 12 de outubro do 2008
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte


Advertisement

RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Programa estival do concello de Vimianzo  Correo-e
lunes, 30 de junio do 2008

Concello a concello, a programación cultural vaise conformando. En Vimianzo igual, unha morea de cousas ao longo do verán terán lugar no concello. Como sempre, a rúa formará parte das actuacións. O programa estará conformado polas seguintes actuacións e actividades:

Actividades culturais

Murais pola lingua

Ao longo desta semana, entre hoxe luns 30 de xuño e o 4 de xullo, desenvólvese estaencantadora inciativa. Xa estás escollendo unha parella, deseñando e pintando un mural sobre o galego e gañade a inscrición gratuita no campamento de verán.

Cinema na rúa

Da man da Deputación e o seu Noites de cine, poderemos disfrutar dos seguintes filmes:

  • 19 de xullo: Pequena Miss Sunshine;
  • 24 de agosto: Unha noite no museo;
  • 7 de setembro: Eragon;

Maxia

O vindeiro luns 3 de agosto, o Mago Dani García actuará na Praza do Concello a partir das 20:30h.

Bandas de Música

Os días 09/08 e 10/08, a Banda de Cee, a Banda de Negreira actuarán na Praza da Igrexa, a partir da 13:00h.

Teatro na rúa

O sábado 09/08, Os quinquilláns e o seu No fondo do mar tomará a Praza da Igrexa, dende ás 22:30h.

O domingo 10/08, serán As dríadas, co seu Move-t, os que actúen na Praza do Concello dende ás 20:00h.

Curso de monitor de tempo libre

O concello artella este curso que se desenvolverá dende o 08/09 ao 19/09, e que está homologado pola Xunta de Galicia, para maiores de 18 anos.

Cursos de informática no Telecentro

Cursos de Internet e Ofimática durante todo o verán.

Programación deportiva

Sendeirismo

O domingo 23/08, haberá un roteiro aínda por determinar.

Campamento urbano

Do 14/07 ao 18/07 para Nenos e nenas de 5 a 12 anos.

Cursos de natación

Os nenos a partir de 5 anos poden acodir á Piscina municipal entre os días 22/07 e 06/09.

Piragua

Unha baixada polo Río Grande terá lugar o vindeiro 12/07, no que poderán participar todo o que desexe a partir de 12 anos.

Uns días despois, haberá unha excursión ao Río Sil. Será do 26/07 ao 27/07, e poderán participar as persoas a partir de 15 anos.

Curso de tiro con arco

Terá lugar no Pavillón polideportivo de Vimianzo, entre o 28/07 e o 01/08.

Xogo "Na busca do tesouro

Os rapaces a partir de 15 anos, poderán participar desta interesante actividade o vindeiro 01/08. Trátase dun xogo de pistas no que os particiopantes Terán que utilizar o seu inxenio e as súas habilidades para atopar un tesouro.

Aula de pesca

O Río Grande, no lugar de Pasarela, a Asociación de Pesca Deportiva Neria organiza estas aulas do 01/08 ao 02/08.

Xogos deportivos nas parroquias

Desenvolveranse ao longo do mes de agosto, do 04/08 ao 29/08.

Campamento de verán

Do 12/08 ao 13/08, haberá actividades multiaventura e actividades acuáticas.

Aquapark de Cerceda

O concello organiza unha saída ao parque acuático para o luns 18/08. Poderán ir os mozos de 6 a 17 anos.

Campus de fútbol municipal

Do 25/08 ao 29/08 para as Categorías alevín e infantil.

Bautismo de Buceo

Na Piscina municipal, os maiores de 15 anos, realizarán a Primeira inmersión con botellas de osixeno. Será o 22/08.

Torneo de fútbol sala nas parroquias

A categoría alevín xogará do 21/07 ao 22/08; mentres que a infantil fará o propio entre o 25/08 e o 19/09.

Ruta BTT

Para pechar o verán, o sábado 30/08, o Club Ciclista E-bike organiza a ruta na que poderá participar todo o que queira maior de 15 anos.

Inscricións

As persoas interesadas poden inscribirse a partir da semana que ven. Para máis información ou para anotarse poden chamar ao teléfono 981 716 001 ou escribir ao enderezo cultura(a)vimianzo.es.

Fonte

 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com