|
A escola infantil de Cee está a ser noticia. Xa sabiamos que o Concello de Cee ten solicitado ao Consorcio Galego de Igualdade e Benestar, a construcción de dous equipamentos, un Centro de Día para personas maiores e unha Galescola. O que pretende o grupo do BNG do concello é integrar a escola municipal na rede de Galescolas. Para isto , Daniel Oca, voceiro do grupo, presentará no pleno unha moción. Para o BNG a escola infantil municipal que, aparte de prestar un importante servizo no noso Concello, supón tamén un importante gasto para as súas arcas. Ademais, considera que a diferente educación prestada nun ente do Consorcio e noutro municipal non é positiva para os veciños ceenses. Atención ao público A asamblea local do BNG de Cee atenderá ao público os martes e xoves de 20:00 a 21:00 na súa sede narúa M nº2 1ºD no portal ao carón do antigo lavadoiro. Con esta medida o BNG de Cee ofrécese para escoitar e axudar aos veciños en calquera tipo de problemática que se dea no Concello. Tamén poderán contactar a través do correo electrónico
Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver
Moción do BNG de Cee Daniel Oca González, na súa calidade de Portavoz do Grupo Municipal do BNG no Concello de Cee, ao amparo do establecido nos artigos 91.4 e 97.3 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais de 1.986, eleva ao Pleno da Corporación para o seu debate a seguinte MOCIÓN, para que a Escola Infantil Municipal de Cee se integre na rede de escolas infantís do Consorcio Galego de Servizos Sociais: Sr. Alcalde-Presidente do Concello de Cee: Exposición de motivos: O Concello de Cee ten solicitado do CONSORCIO GALEGO DE SERVIZOS DE IGUALDADE E BENESTAR, no cal está integrado, a construcción de dous equipamentos, un Centro de Día para personas maiores e unha Galescola. Cee conta neste momento cunha escola infantil municipal que, aparte de prestar un importante servizo no noso Concello, supón tamén un importante gasto para as súas arcas. Non sería lóxico contar nun futuro con unha Galescola da rede da Vicepresidencia da Xunta de Galiza e que os nenos tiveran unha educación diferente en función de onde estiveran matriculados. Integrar a escola municipal na rede de Galescolas supón unha mellora para os traballadores, un aumento da calidade educativa e unha equparación das escolas que prestarán este servizo no futuro, ademáis dun aforro para o Concello, que pasará de asumir a maior parte do gasto, a ter que aportar só unha mínima parte dos custes de xestión. É por esto que o Grupo Municipal do BNG de Cee propón ao pleno do Concello os seguintes acordos: - 1. Autorizar ao Alcalde para facer as xestións co CONSORCIO GALEGO DE SERVIZOS DE IGUALDADE E BENESTAR, para integrar a Escola Infantil Municipal de Cee na rede galega de escolas infantís do CONSORCIO, e que esa integración se faga no máis breve plazo e coas millores garantías para os traballadores.
- 2. Facilitar desde o Concello de Cee as medidas necesarias para que a integración se faga efectiva.
Fonte - Nota de prensa de Daniel Oca, Portavoz Municipal do BNG de Cee.
|