Venres, 03 de xulio do 2009
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Vota ao persoeiro da Costa


Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte



RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Advertisement
Raíña Lupa de Quilmas comeza o curso de agricultura ecolóxica  Correo-e
lunes, 30 de junio do 2008

A cooperativa de agricultura ecolóxica Raíña Lupa de Quilmas comezou a semana pasada o seu curso de iniciación no asunto da agricultura ecolóxica. A profesora Lucía Ferreiro Fernández impartíu o pasado luns a primeira clase teórica, na que participaron unhas 25 persoas de todas as idades chegadas de zonas tan dispersas como Cee, San Mamede, Caldebarcos, Lira, Carnota e, por suposto, Quilmas.Image

A primeira calse tratou o tema da loita biolóxica contra as plagas e enfermedade, sen a utilización de pesticidas nin fertilizantes químicos. A base da complementación entre diversos grupos vexetais pódese evitar a necesidade da pesticidas de ningún tipo. Os estudios sobre as posibilidades do control de plagas ecoloxicamente é un punto de estudio en moitos lugares do mundo. Sudamérica é unha das zonas máis avanzadas neste eido. En Chile, biólogos e enxeñeiros levan anos facendo estudios ao carón dos agricultores, que aínda utilizan técnicas tradicionais para combatir as enfermidades. A aprendizaxe é mutua e moitas veces os agricultores son os profesores e os estudiados, os alumnos.

Aquí, o uso de fertilizantes xa está demasiado integrado no pequeno agricultor, pero aínda hai unha morea deles que coñecen mellor que ninguén que planta vai ben ao carón da patata para que non colla bicho. Ese coñecimento está preto de perderese, e aí entran esta clase de asociacións e cooperativas que de seguro tentarán aproveitar todo ese saber popular.

Falamos dunha alternativa de futuro e progreso sustentable, que pretende seguir concienciando ás xentes da importancia de producir un produto que respete o noso patrimonio natural. Ademais esta é unha alternativa viable económicamente ao proxecto da piscifactoría.

Ao longo da fin de semana comezou o traballo de campo, precisamente na zona de Quilmas onde se pretende construir a ampliación da granxa. Os tractores prepararon o campo e o deixaron limpo, con aspersores e todo. Hoxe mesmo, os alumnos procederán a facer unha proba de plantación de horta con leitugas, tomates, repolos, fabas...

Asociación Area Blanca

A semana pasada tivo lugar na fonte de Quilmas, unha xuntanza da asociación de veciños Area Blanca, trala renuncia do seu presidente. Na asemblea, o presidente da Plataforma pola defensa do patrimonio cultural de Quilmas, e de Adega-Costa da Morte, foi elixido por unanimidade polos veciños como presidente.

Como vicepresidente estará José Chousa Ferro; como secreatrio Oscar Remuiñán; Manuel José Costa Casais será o tesoureiro; e como vogais estarán Andrés Castro e Xunquera Castro.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción.
 
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com