|
Os Cinemas Dixitais voltan a Corcubión |
Correo-e
|
|
martes, 01 de julio do 2008 |
|

Este mércores 2 de xullo de 2008, ás 20:00 h na Casa da Cultura de Corcubión, proxectarase o documental A MEMORIA DOS TEMPOS DO VOLFRAM (2003); filme gañador do Primeiro premio na III Muestra de Documental Etnográfico de Sobrarbe "Espiello" (Huesca 2005). A historia nace co comezo da Segunda Guerra Mundial, cando un mineral se convertía necesario para o Estado alemán: o volframio. Galicia converteuse no "Dorado" para moitas persoas que procuraban cartos ou simplemente un traballo naqueles duros anos da posguerra española. Mineiros, aventureiros, guerrilleiros, gardas civís e presos políticos, conviviron nos montes galegos e entrecruzaron as súas vidas. Fonte e máis información
|