doMngo, 12 de outubro do 2008
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte


Advertisement

RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Os hostaleiros de Corcubión celebran o Torneo de Copas  Correo-e
martes, 01 de julio do 2008

Corcubión vivirá o vindeiro sábado 12 de xullo de 2008, unha xornada moi especial. 8 establecimentos hosteleiros (cabe lembrar que tan só hai 12 bares na vila corcubionesa) xogarán no Pavillón Municipal un campionato de fútbol sala moi peculiar: o Torneo de Copas. Xa apuntan que pouco a pouco a caida dos establecimentos no concello fai dubidar da continuidade do evento os vindeiros anos e xa hai chistes por aí, como nos conta Ángel, organizador do evento e membro do equipo de corcubion.com, que comentan que como sigamos así, o ano que vén xogan o quiosco de Alfredo e o chiringuito dos xeados da Micaela.

O nome, que pón a nota simpática, non evita que o maratón non se tome en serio, e que os piques non sexan de traca, nun concello onde todo, mesmo as festas, son fonte de desputas. O ano pasado foi o restaurante San Martín o campión e este ano parte como favorito.

Son varias as reglas do maratón: só pode haber un xogador extracomunitario (é dicir, de fóra do concello), e alo menos teñen que haber 2 de máis de 35 anos no campo. O premio é unha das principais singularidades do torneo. O equipo gañador revertirá o premio (a suma dos 35 euros de cota de inscrición dos 8 equipos), nunha cea entre os xogadores no propio establecimento gañador. Un bonito xeito de pasalo ben e de revertir no propio negocio, de xeito que cada quen correrá polo que lle toca. Haberá ademais trofeo ao mellor xogador aportado pola imprenta Costa da Morte, ao igual que un trofeo do Concello.

Cadro do torneo

  • 10:00: A - O Pazo - Tío Moncho;
  • 11:00: B - Suiza - Sirena;
  • 12:00: C - San Martín - A Gavilla;
  • 13:00: D - Apartahotel - Marichu;
  • 17:00: Gañador A - Gañador B;
  • 18:00: Gañador C - Gañador D;
  • 21:00: Gran Final.

Fonte

  • Redacción.
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com