|
O secretario comarcal do sindicato Unións Agrarias en la Costa da Morte, José Antonio Casais, natural de Olveira, Dumbría, saíu elixido nas eleccións á presidencia de Feiraco, a cooperativa láctea máis importante de Galicia que ten sede en Negreira (A Coruña). O gandeiro releva ao fundador da mesma, Jesús Carcía Calvo, que fica como presidente honorífico logo de 40 anos. A votación foi moi estreita, algo que se agardaba logo dunah semana de tensión entre os candidatos. En si, a votación, e sen dubidar nadiña da honestidade e validez democrática da mesma, foi ben curiosa, e puidéronse ver detalles que ben lembran a outras épocas. Ademais de candidatos que demostraron co seu discurso que non estaban preparados para asumir un posto de tal relevancia, outros entregaban aos seus discípulos as papeletas que habían de meter nas urnas, coma se de simples gregarios se tratase. Con todo, a cooperativa segue crecendo e este ano subíu un 17,7% en volume de facturación. Feiraco unirase igualemente a outras 23 cooperativas, para formar unha asociación que procese anualmente máis de 600 millóns de litros de leite galego. A cooperativa quere meterse ademais no negocio dos eólicos. Fonte
|