|
A humilde Radio Neria segue crecendo. Estas últimas semanas están sendo claves para o devir da radio e semella que pouco a pouco a comunidade rediofónica e internáutica está crecer a pasos axigantados. E a causa de todo isto está no bo facer de Juanma Buiturón, e dos colaboradores, que seguen a realizar cousas interesantes e levan o nome da radio por toda a bisbarra. Entre as últimas actividades realizadas podemos destacar o seguimento en directo da final da Copa da Costa 2008 dende Ponteceso, a participación na organización da festa de San Pedro da Redonda de Corcubión coa pantalla xigante no campo da festa, ou a participación dos nenos da bisbarra na radio. I Concurso Teatro Lido Radio Neria Dúas son as actividades na que participan os máis pequenos da comarca na Radio Neria. A primeira forma parte do I Concurso de Teatro Lido RadiONeria, que ten como protagonistas aos cativos do colexio do Manuela Rial de Cee, e aos dos Muíños de Muxía. Os cativos muxiáns pasaron pola radio para ler as súas obras, os seus guións (pasen a velo simpático vídeo). Acompañados da profesora Isabel Tomé, colaboradora ademais da radio coa súa xa mítica Maruxiña dos Queixos, que sae os martes ás 12:30, os cativos xa mostraron a súa candidatura ao concurso. Agora faltan os cativos do Manuela Rial, que por problemas de datas, aínda non puideron pasar pola radio a grabar en directo os seus guións. Agardamos que poidan xuntarse canto antes para que o xurado poida xuntarse e facer público o veredicto. Os cativos de Corcubión coñecen a radio Contabamos hai unhas semanas a encantadora visitiña dos cativos do colexio Praia de Quenxe de Corcubión, á radio. Pasárono de medo e coñeceron o mundo da radio por dentro. Máis dun mandou un saudo aos seus país e quen maís ou quen menos púxose tan nervioso que non dou articulado palabra nas ondas. Podedes ver uin pequeno vídeo do "Conto viaxeiro", un conto creado polos propios cativos. Ademais, colaboraron ca emisora na creacion de jingles e cuñas promocionais, ademais de demostrar a súa espontaneidade cando viron os micros do estudio. Comunidade radiONeria Unha das propostas da radio fica en internet. En sabendo da comunidade corcubionesa e costeira na diáspora, a radio comezou o mes pasado a emitir os programas por internet. Na súa páxina (radioneria.blogspot.com), pódese baixar o programa para escoitar os programas xa emitidos (a infraestrutura aínda non dá para emisións en directo). Ademais, Juanma Buiturón, responsable da emisora, ten argallada a creación dunha comunidade mundial. Iván ou Oscar xa forman parte da mesma e cada día máis xente se apunta a participar. Moita sorte nesta iniciativa. Novas relacionadas
|