Xoves, 28 de agosto do 2008
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte


Advertisement

RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

O Chasula realizará rutas pola ría de Camariñas  Correo-e
miércoles, 02 de julio do 2008

A Asociación de Empresarios e de Promoción Turística de Camariñas ten varias cousas interesantes organizadas para este verán. Cronolóxicamente coomezamos pola Festa da Sardiña que se celebrará este este sábado, 5 de xullo. Trátase dunha degustación de 5 variedades de sardiña. Haberá en emoanada, en cachelos, en conserva, asadas e rebozadas. Para todos os gustos, vaia.

Viaxes en barco pola ría

A propia asociación ten organizada e xa está a punto de comezar a andar, o Chasula. Na embarcación, poderase disfrutar de rutas, que seguramente levarán ata Muxía e ata a Ponte do Porto.

Homenaxe aos diarios dixitais do concello

O Club Náutico Camariñas homenaxea na propia noite do sábado 5 de xullo aos directores dos dous diarios dixitais de Camariñas. Diego, o director de camarinas.eu e Jose, do Diario Camariñán, disfrutar dunha cea homenaxe por parte do clube. Parabens a ambos directores, que conseguiron facer de Camariñas o concello máis internáutico da bisbarra, e con moita diferencia, i é que a comunidade creada arredor de ambas páxinas non ten paragón no rural do país.

Fonte

 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com