|
Os pinchos de Vimianzo xa teñen nome |
Correo-e
|
|
miércoles, 02 de julio do 2008 |
|
Xa está a piques de comenzar as I Xornadas do Pincho Irmadiño. Este xoves 3, e ata o domingo 6 de xullo de 2008, para completar a festa do XIII Asalto ó Castelo 2008, os hostaleiros de Vimianzo engalarán os locais cos pinchos e os traxes máis medievais. A organización xa ten nome para os pinchos que se servirán ao longo da fin de semana e que os asistentes terán que probar (a 1 euro por pincho) e votar nunha tarxeta na que se irá anotando a puntuación de cada pincho. Aí quedan os nomes dos pinchos que presenta cada bar, e que gale o máis rico: - Casa Sabina:
 - "O Guiso dos Moscosos" (Coello, setas e castañas); - "O Pavo da Revolta" (Pavo e mazá); - Via Rápida:
- "Vixilia do Bispo Alonso Fonseca II" (Bacallao e garbanzos); - "Paspallás ao gusto do Pertegueiro Bernal Yañez" (Codorniz, arroz e setas); - Celme Café:
- "A Brocheta do Conde de Altamira" (porco, tenreira, polo e setas); - O Gato Negro:
- "O Xamón do Cabaleira" (porco celta asado con guarnición); - O Petouco:
- "O Pan do Irmandiño" (Pan artesán recheo de polo e quiexo). Novas relacionadas Fonte - Nota de prensa de Carlos Gómez.
|