doMngo, 12 de outubro do 2008
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte


Advertisement

RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Muxía acolle o I Torneo de Fútbol Sala Feminino Festas do Mar  Correo-e
miércoles, 02 de julio do 2008

O equipo da Costa da Morte de fútbol sala feminino, o Fisober, ao tempo que participa en torneos internacionais durante estas semanas, está a organizar o I Torneo de Fútbol Sala Feminino Festas do Mar de Muxía. Será a primeira vez que a Costa da Morte acolla un evento destas características, e o Polideportivo Municipal de Muxía será unha festa total os vindeiros 12 e 13 de xullo.

A Comisión de Festas do Mar de Muxía ten organizada unha zona de acamppada no campo de fútbol, a 1 km do polideportivo e a cota de inscrición é de 75 euros por equipo. Os premios non están nada mal e o 1º clasificado levará nada menos que 700€ máis un trofeo. O 2º clasificado ser´apremiado con 300€ e un Trofeo, e os semifinalistas contarán co reintegro, 75€, alén doutro trofeiño. Para insrcibirse poden contactar neste correo Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver , no concello de Muxía, ou nos números 635 436 173 e 657 490 025.

O Fisober en TineoImage

As rapazas desprazábanse esta fin de semana a Tineo, Asturias, para desputar o IV Torneo Nacional concello de Tineo. Perdían no primeiro encontro contra o Región de Murcia por 4-0. No segundo, o Oviedo non era rival e as da Costa gañaban por 8-4 (4 goles Barca, 1 de Alba, 1 de Myrella, 1 de Olalla e 1 de Patri), co que a clasificación para cuartos estaba no aire. Finalmente o equipo quedou fóra dos cuartos de final por un gol. O equipo quedou 10º logo de perder no último encontro contra o Gijón por 6-1 (gol de Noelia).

V Torneo Internacional Concello de Poio

O FISOBER CONCELLO DE VIMIANZO desplazase este sábado 5 de xullo a Poio (Pontevedra) a xogar o V TORNEO INTERNACIONAL DE F.S. FEMENINO CONCELLO DE POIO. O adestrador Fran Toba contará para esta cita cas xogadoras: Paula Lema, Ana Mouzo, Barca Toba, Patri Romaní, Sonia Rama, Elsa Souto, Alba Cambeiro, Mirella Ventura, Ylenia Rodríguez, Lara Gómez e Noelia García. O Fisober competirá neste torneo contra equipos como o Florencia de Italia, San Mamede de Oporto.

Fonte

  • Nota de prensa do Fisober, da man de Fran Toba.
>
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com