|
A asociación Cherinkas comeza co XI torneo de frontenis Roland Esgarros |
Correo-e
|
|
miércoles, 02 de julio do 2008 |
|
Onte tiña que comezar o XI torneo de frontenis ROLAND ESGARROS. Esta simpñatica iniciativa artellada pola Asociación Xuvenil Cherinkas de Vimianzo, leva dende o 2000 organizando este torneo, e este ano volve a ser novidade. A choiva malogrou a primeira xornada, pero agárdase que hoxe se retome a competición. Ao longo dos meses de xullo e agosto, a competición irá vagariño definindo aos gañadores de todas as categorías. O Roland Esgarros de frontenis é unha das actividades máis representativas da activa asociación xuvenil, que organiza unha morea de cousas ano tras ano. Entres elas atopamos ciclos de cine, circuitos de xadrez, cronoescaladas, campionatos de fútbol 3x3, a baixada de carrilanas, un concurso de relatos curtos, un campionato de tiro ña corda, de tenis de, de bádminton, e mesmo un saber e gañar de produción vimiancesa. Fonte e máis información
|