doMngo, 12 de outubro do 2008
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte


Advertisement

RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

O PP de Cee asegura que non venderon ningún carballo de Toba  Correo-e
miércoles, 02 de julio do 2008

Os últimos días escoitábamos ao grupo local do BNG e a Adega denunciar a “tala indiscriminada” dunha carballeira de preto de media hectárea sita no lugar de Sembra, na parroquia de Toba. Informaban que foron os nacionalistas quen, alertados polos veciños, chamaron ao Seprona, o que “intensificou a tala” para non dar co servizo de protección.

Días máis tarde, o alcalde ceense declarou aos medios que fora o anterior goberno local do PP quen vendera a madeira a unha empresa na anterior lexislatura, o que non fora executado ata estes días. Ademais, explicaba que a parcela non estaba formada unicamente de carballos, senón tamén de piñeiros e outras especies.

DesinformaciónImage

O voceiro do Partido Popular ceense, Antonio Domínguez, deu a este semanario a súa explicación, por alusións ás acusacións da alcaldía. “Esa parcela era unha masa común que arredor de 2005 estaba convertido nun vertedoiro, cheo de electrodomésticos abandonados. Tralas protestas dos veciños decidimos limpar a zona, cortar piñeiros e conservar a carballeira converténdoa nunha área de recreo. Había ademais algún piñeiro especial que tamén se ía conservar”, conta Domínguez. “Estaban avisados de que cando viñeran retirar os piñeiros falasen co Concello para ter precaución coas especies, pero isto foi hai moito tempo”. Para o voceiro popular, “tan responsable é quen cortou como quen o permitiu”. “A venta estaba licitada incluso por Medio Ambiente, e estivo contemplada nos orzamentos, polo que todos os grupos a coñecían”.

Fonte

 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com