Venres, 05 de nadal do 2008
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte


Advertisement

RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Novo revés ao servizo de autobuses da bisbarra  Correo-e
miércoles, 02 de julio do 2008

Se o servizo de autobuses da bisbarra xa era insuficiente, en breve o será máis. A bisbarra leva un ano enteiro denunciando a carencia de infraestrutura en materia de transporte público que sofre a Costa da Morte, sobre todo, trala polémica segregación da concesión á empresa Arriva, nas tres concesionarias actuais, Monbus, Vázquez e Aucasa. Pero as reiteradas denuncias dende toda clase de entes, son respostadas cunha polémica reestruturación.

Onte, martes 1 de xullo de 2008, falaba con Susana Alvite na Radio Nordés, Xesús Pastoriza, responsábel nacional do Transporte da CIG. Pastoriza denunciaba que a Xunta prevé unha nova remodelación do transporte público que perxudicará aínda máis a calidade do servizo. Pastoriza apunta que a remodelación primará as rotas máis populares, mentres que reducirá os servizos nas liñas nas zonas menos utilizadas. Con esta medida, entón, as zonas con máis trafico mellorarán, pero as zonas máis deficitarias hundiranse definitivamente.

Consideramos que a demanda do servizo está dende hai anos á remolque da carencia na oferta. Esta situación provoca que as xentes asumamos a imposibilidade de depender do transporte público e é pouca a xente que non conta cun vehículo particular. Pastoriza pregúntase: Como vai ser positivo quitar liñas?

Pastoriza daba varios apuntes sobre a polémica segregación. Segundo o responsable da CIG, nestes momentos e entre as 3 empresas hai menos traballadores que cando a concesionaria era Arriva. Pastoriza teno claro e sinala claramente que non hai unha vontade clara da Xunta de mellorar a situación do servizo de transporte na Costa da Morte.

Para Pastoriza, a única solución posible pasa por entregar a concesión a unha soa empresa, como nas ambulancias. Este sería o único xeito de poder esixir que se cumpra a lei cunha calidade axeitada.

Fonte

  • Radio Nordés.
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com