|

Remataron as churrascadas, as acampadas e as queimas controladas na Costa da Morte. A Xunta, coincidindo coa apertura hoxe do periodo de alto risco, anunciaba que vai incrementar a vixilancia e que sancionará con multas de entre 100 e 1.000 euros a todo o mundo que acceda, permaneza ou circule por estas zonas forestais. Así, os que simplemente den un paseo polas pistas ou camiños forestais, terán que identificarse ante as autoridades, a non ser que non teñas outro acceso á túa vivenda. Esta lei está aprobada dende abril de 2007 pero o ano pasado non se fixo efectiva. Este ano, Medio Rural, que non ofrece datos das brigadas por concellos para non dar pistass oas pirómanos, quere manter unha política moito máis restritiva entre o 1 de xullo e o 30 de setembro. Esta medida disuasoria efectuarase aqueles días nos que hai un risco de incendio moi alto ou extremo. Este índice será actualizado a diario na web da consellería mediorural.xunta.es, en función das variables meteorolóxicas de calor, humidade e forza e dirección do vento. Cambio de mentalidade Dende a consellería preténdese cambiar a mentalidade da xente que aínda cre que no monte ten cabida calquera actividade recreativa, que se pode facer de todo, ata preparar un asado. Difícil vai ser conseguir que nos decatemos do perigo real que corremos cando simplemente montamos unha churrascadiña no monte coa nosa familia. O pasado domingo acodíamos por exemplo ao campo da Redonda de Corcubión, onde se celebraba o San Pedro. As sardiñadas e churrascadas alternábanse coas empanadas e tortillas nas fiambreiras, pero o control do lume era escaso. Non estamos acostumados a ter coidado e o cambio vai levar tempo. Xa se demostrou hai un par de veráns. Pode arder Galicia enteira, que nós pouco asumimos a nosa responsabilidade e sempre acusamos aos 4 tolos de toda a vida. Previsións difíciles O caso é que este verán cheira a chamusquina. As choivas caidas nesta primavera fixeron crecer como nunca a maleza, os traballos de desbroce non comezaron a día 2 de xullo. En SEAGA, quedaron para comezar este xoves 3 de xullo. Para a prevención, supoño. Na Costa da Morte, tan só o concello de Corcubión non está considerado como zona de alto risco (ZAR). O resto de concellos (Laxe, Malpica de Bergantiños, Ponteceso e Cabana do Distrito II; e Camariñas, Carnota, Cee, Dumbría, Fisterra, Mazaricos, Muxía, Vimianzo e Zas, do V) contan con esa calificación, o que suporá un control máis exhaustivo da utilización dos montes por parte dos veciños. Novas relacionadas Fonte
|