Venres, 05 de nadal do 2008
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte


Advertisement

RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Setes Netos vén de xira por Galicia e procura parada na Costa da Morte  Correo-e
miércoles, 02 de julio do 2008

Os presentabamos aló por setembro do ano pasado, e anunciabamos un posible xira polo noso país. Efectivamente, os Sete Netos, si, sete netos de galegos emigrados na Quinta Provincia Galega de Bos Aires, pasarán este verán por Galicia. Entre o 9 e o 26 deste mes de xullo, a banda de folk realizará unha polo país, e aínda teñen algunhas datas sen confirmar, polo que facemos acopio de forzas a verse algún concello ou algunha comisión de festas, está atenta e quere traer ata a Costa da Morte este interesantísimo grupo.

Os membros da banda están encantados coa xira. Chegan cunhas gañas enormes de amosar a súa música e ás súas raíces celtas. A súa vinculación co noso país vén de lonxe, e xa dende a infancia e pouco a pouco foron ampliando miras cara outras músicas de orixe celta, como a irlandesa. A prensa local do seu país considera Sete netos unha das marcas arxentina-galega que mellor funcionan no mercado conservando a pasión e sensibilidade da música tradicional de Galicia.

Xira galegaImage

Á espera da confirmación de varias citas, e confiando que dende a nosa bisbarra haia algún festival que conte con eles para esa segunda quincena de xullo, a banda fixará o seu campamento base en Pontevedra. Dende alí actuarán en Callobre o día 12; o 17 pasarán polo Alalá da TVG, o 18 visitarán a vila coruñesa de Santa Cristina, e hai outras actuacións que están a medio confirmar en Rianxo, Lalín, Betanzos, Mos, Baiona e Ourense. Por que non pode estar a Costa da morte polo medio?

Aquí podemos ver un Recital da banda, realizado na Sala "Pablo Picasso" do Paseo la Plaza de Bos Aires, o 15 de xuño de 2008, interpretando o tema "FOGAXE", o título que dá nome ao seu segundo disco, editado recén. Un concerto da banda soe durar 1 hora e media aproximadamente, pero poden adaptarse ás necesidades do guión.

Curriculo de Sete Netos

Sete Netos, como o seu nome indícao, son sete netos de galegos, que desde fai moitos anos veñen traballando arduamente na difusión da música celta transmitida polos seus devanceiros e polos mestres que a emigración trouxo a Bos Aires.

Desde a súa infancia, os integrantes do grupo dedicáronse a estudar e executar a música tradicional, logrando así adquirir unha vasta experiencia no mundo cultural da colectividade galega en Arxentina.

No constante propósito de difundir a música dos seus antepasados, varios dos integrantes de Sete Netos son actualmente profesores en distintas disciplinas en diferentes institucións galegas da cidade de Bos Aires.Image

Atópanse xuntos desde o ano 1993, cando se reuniron como conxunto de gaitas tradicional do Centro Galicia de Bos Aires, e no ano 1998 decidiron introducirse na música folk, incorporando paulatinamente instrumentos e ritmos doutros países celtas, dando así un maior alcance ao seu traballo, e logrando o obxectivo de dar a coñecer máis masivamente a música de Galicia. Desde ese momento o son do grupo foi evolucionando ata atopar unha óptima combinación entre a instrumentación tradicional e a contemporánea.

As súas presentacións en vivo caracterízanse pola gran enerxía que transmiten.

As composicións xurdidas dos seus integrantes foron facéndose cada vez máis frecuentes, logrando así unha identidade propia que caracteriza ao grupo ata hoxe, levándoo a ser un dos grupos máis importantes da música celta en Arxentina.

Sete Netos editou o seu primeiro traballo discográfico no ano 2002, homónimo ao grupo, e leva vendidas mais de 4000 copias en Arxentina e no exterior; presentando o seu traballo no Auditorio de Belgrano con máis de 1200 persoas ovacionando ao grupo. Actualmente acaba de lanzar o seu segundo disco, "Fogaxe", produto de varios anos dun meticuloso traballo de gravación e mestura sen precedentes neste xénero, presentado en maio de 2008 no Teatro do Globo da Cidade Autónoma de Bos Aires.

Máis informaciónImage

Poden escoitar a súa música íntegramente nas segintes ligazóns:

Tamén podemos disfrutar de outros vídeos no youtube ou pódese visitar a súa páxina web www.setenetos.com.ar, malia aínda está en proceso de construción.

Contacto

  • Para contactar con eles e ofrecerlles pasar pola bisbarra entre o 9 e o 26 deste mes de xullo, podedes enviar un correo a Hugo, en Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción.
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com