|
Detido en Carnota un mozo que agrediu a un conveciño tras unha discusión de tráfico |
Correo-e
|
|
miércoles, 02 de julio do 2008 |
|
Axentes da Garda Civil de Muros detiveron antonte en Carnota a un mozo de 19 anos, veciño da localidade, como suposto autor dun delito de lesións. O imputado, ao parecer tras unha discusión con outro conveciño sobre unha cuestión de tráfico, agrediu a este último e produciulle un traumatismo cranioencefálico xa que lle propinou unha puñada e unha patada, ambos na cara. O ferido, de 35 anos, tivo que ser evacuado ao hospital comarcal para ser atendido nun primeiro momento das lesións sufridas, aínda que con posterioridade foi trasladado ao Hospital Clínico Universitario de Santiago. O imputado e as dilixencias foron postos a disposición do Xulgado de Instrución de Muros. Fonte - Nota de prensa do Gabinete de Prensa da Garda Civil.
|