|
Gran éxito no maratón de fútbol 7 de Vimianzo disputado esta fin de semana e que contou coa presenza de 31 equipos de todas as localidades da Costa e outras da zona da Coruña. Os equipos participantes repartíronse en oito grupos de catro equipos, agás un que estivo formado por tres. Durante a xornada do sábado disputáronse todos os encontros dos grupos e que serviron para elixir os dous primeiros equipos de cada grupo que se clasificaron para as eliminatorias do domingo. Os resultados en oitavos foron: Os Pajilleros-Bipelo (5-0); Talleres Arán-SDU Vimianzo (4-0); Carnicería Vista Alegre-Futgol/London (0-2); Hotel Arenal-Restaurante Casa Elías (3-1); Fermira-Bar Cactus (2-2); San Cristóbal-Cafetería Toñito (0-3); Queixas-Bar Pallote (4-1); Pizzería Tivoli-Talleres Baña (3-1). A eliminatoria de cuartos resolveuse da seguinte maneira: Os Pajilleros-Talleres Arán (0-2); Futgol/London-Hotel Arenal (2-3); Fermira-Bar Cactus (2-1) e Queixas-Pizzería Tivoli (4-2). Nas semifinais os xalleiros de Talleres Arán perderon con potente equipo de Hotel Arenal de Fisterra, por (1-3), mentres que o equipo de Queixas fixo o mesmo fronte a Fermira por (2-3). Final A final foi disputada polos dous equipos máis potentes do campionato e que aglutinaban unha selección dos mellores xogadores da Costa: - Resultado: Fermina, 2 - Hotel Arenal, 3;
- Fermira: Norberto, Diego Costa, Mario, Víctor Domínguez, Manolo do Cruceiro, Braulio e Chema. Tamén xogaron Rizos, Doro, David Costa e Felipe.
- Hotel Arenal: José, Aarón, Miguel Fiuza, Schuster, Angeliño, Roa, Rivas. Tamén xogaron Chilín, Mané, Pesca e Wete.
- Goles: 1-0, min.4: Chema. 1-1, min.14: Mané. 1-2, min.16: Felipe en propia porta. 2-2, min.20: Doro, de falta. 2-3, min.25: Mané.
Os finalistas repartíronse 1.500 euros, mentres que os semifinalistas 300, os perdedores en cuartos leváronse un xamón, mentres que os perdedores en oitavos puideron escoller unha botella de licor, ron ou whisky. Fonte
|