|
A Picota acolle dende o vindeiro luns 7 de xullo de 2008 un campamento de verán que servirá para concienciar á mocidade no coidado e no respeto ao entorno natural e ao medio ambiente. Ata o día 18, os máis de 100 rapaces xa inscritos (ata o venres aínda se poder efectiva a inscrición no concello, de balde ademais) disfrutarán doutras alternativas de ocio lonxe do mundo consumista, como sinala a coordinadora cultural de Mazaricos e responsable do campamento, Sonia Nieto López. A convivencia é outro dos puntos claves destas actividades. De feito, os pequenos poderán quedar a durmir no campamento base do colexio da Picota. Os rapaces aprenden a convivir e a compartir, incidindo na concienciación de valores medio ambientais. Non hai que esquecer o sentido didáctico da diversión, coa realización rutas de sendeirismo, gincanas ou talleres a base da reciclaxe de refugallos, por exemplo, unha das actividades que sempre ten éxito entre a rapazada, pero que os maiores vemos como un pequeno xogo, cando realmente é a base da reutilización e da reciclaxe consecuente. A piscina municipal formará parte do día a día. Unhas olimpiadas caerán seguro. Ademais haberá dúas excursións, unha ao parque acuático de Cerceda, e outra ao Centro Interactivo de Educación Medioambiental Naturnova, en Vigo, cunha chea de xogos interactivos para alucinar aprendendo. Apertura dunha nova ruta de sendeirismo Esta fin de semana os veciños da Costa da Morte poderán abrir este sábado 5 de xullo un novo roteiro. A asociación cultural Perfecto Sande Braña de Mazaricos cumpríu un dos seus soños. Conseguíu abrir unha nova senda turística que unirá O Fieiro, no encoro de Santa Uxía, ata a Moa, no monte de Pedragal. Medio Ambiente ten asinado vairias partidas para o adecentamento do camiño e para a sinalización e en breve se pensa na initegración na rede de sendas e roteiros galegos. Para completar a ruta, unha segunda fase está pensada para finais de ano. Consiste na volta dende a Moa polo Castelo do Fiel, para pechar o roteiro circular, como se fan as rutas en todo o mundo. Fonte
|