Luns, 08 de setembro do 2008
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte


Advertisement

RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

PX denuncia que as augas do Xallas non son potables  Correo-e
jueves, 03 de julio do 2008

O grupo ecoloxista PX da Ponte do Porto analizou as fontes de uso público e mananciais do curso do río Xallas e do río Grande, nos concellos de Santa Comba, Zas, Vimianzo e Dumbría, completando o estudio realizado o mes pasado. O informe do grupo contradí totalmente a idea da consellería de Medio Rural, que considera que as augas do Xallas están en bo estado.Image

Neste novo informe, os ecoloxistas conclúen que as augas das fontes analizadas non cumpren a normativa en canto a pH, polo que deben ser consideradas non potables. Ademais, sinalan que o baixo contido en calcio convírtenas en augas agresivas e corrosivas para os metais. Iso si, o resto de valores das augas son correctos, e nos puntos máis danados hai colocados letreiros que advirten que non son potables por unha posible contaminación orgánica.

O grupo ecoloxista teno claro, a acción humana é a causa principal do deterioro das augas da bisbarra. O mal uso dos fertilizantes e pesticidas, alén do aumento da construción de fosas sépticas e o depósito de esterco con residuos animais nos terreos, son varias das fontes de contaminación que sinala o grupo que preside Rafael Lema.

Nota de prensa do grupo ecoloxista PX

As augas das fontes da canle do Xallas non son potables

O grupo ecoloxista PX da Ponte do Porto analizou as fontes de uso público e mananciais do curso do río Xallas, nos concellos de Santa Comba, Zas, Vimianzo e Dumbría, tomando preto de cincuenta mostras dos concellos citados. É unha continuación dun traballo sobre o estado desta canle e do río Grande do Porto dado a coñecer o mes pasado.

Neste novo informe os ecoloxistas conclúen que en xeral segundo a caracterización físico-química todas as fontes analizadas non cumpren a normativa en canto a pH, necesitan un tratamento para convertelas en augas potables, pero en xeral si poden considerarse sanitariamente permisibles na maior parte dos casos, xa que nos puntos máis danados hai colocados letreiros que advirten que non son potables por unha posible contaminación orgánica.

O valor do pH e o baixo contido en calcio convérteas en augas agresivas e corrosivas para os metais. A temperatura media desta auga é de 13º *C, entrando dentro da normativa, e son refrescantes e frías. Non aparecen procesos de turbidez ou de sólidos en suspensión, o contido en osíxeno disolto vai do 60% ao 90% de saturación, e non hai presenza de fosfatos que si se dan na canle do Xallas e os seus afluentes. Nalgúns puntos de Santa Comba, como na fonte publica de Ser ou na do pozo de Vilarnovo, hai valores de coliformes totais e fecais, así como estreptococos fecais, superiores á normativa, por unha posible infiltración de fosas sépticas.

Boa calidade mineral nos manaciais

Ademais o grupo analizou algúns mananciais da comarca, fóra ata da canle do Xallas, destacando o alto valor pola súa calidade mineral dous mananciais situados en Vimianzo (Casa do Prado, Monxo) e Dumbría (A Mota, Barrionovo). Do mesmo xeito localizaron en Ponte do Porto augas ferruginosas.

A acción humana como causa do deterioro

Nos catro municipios, a causa máis importante de deterioración da calidade das augas subterráneas é producida pola acción humana, en concreto polas prácticas agrícolas, o uso de fertilizantes, pesticidas, fertilizantes de tipo orgánico, o aumento da construción de fosas sépticas e o depósito de esterco con residuos animais nos terreos.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa da organización ecoloxista PX, da man de Rafael Lema Mouzo.
  • Fotografía de Marcos Rodríguez.
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com