|
Rafael Lema e os Corsarios da Costa da Morte |
Correo-e
|
|
viernes, 04 de julio do 2008 |
|
Rafael Lema non para. O selo editorial Edelvives editará en setembro na súa sección en galego unha nova novela do autor de Ponte do Porto, Rafael Lema. Trátase de Crónicas Corsarias, onde volve tratar o tema do corsarismo na Costa da Morte a través do pirata de Camariñas Ambrosio Álvarez Pardiñas, personaxe protagonistas dunha novela anterior, Capitán Rabuña. Pardiñas viviu entre Galicia e México, comandando varios barcos, como A Constancia de Galicia ou o Santo Cristo, loitou á beira do marqués de Lafayette e Bernardo de Gálvez pola causa da independencia dos Estados Unidos e continuou as súas andanzas como corsario durante Carlos IV xa en época napoleónica sendo apresado na torre de Edimburgo en 1783. Nesta nova obra, o corsario galego deberá realizar unha misión para o vicerrei de México en augas de Fisterra, localizar e deter a un gran navío da Compañía de Indias fortemente armado e cunha carga misteriosa que pode danar os cimentos da fe nas colonias hispanas, tratando ademais na obra dos avatares da época onde a inquisición, a masonería e o incipiente levantamento colonial figuran como pano de fondo da acción. Ademais de Pardiñas, na novela destácase a importancia da Costa da Morte como base de corsarios en Fisterra, Corcubión ou Camariñas e a importante actividade de corsarios da comarca en época napoleónica como Agramunt, Meréns, Escaja, Lastres ou Leira. A acción conclúe en xullo de 1805 en plena batalla naval de Fisterra, entre a flota franco-española de Villenueve e Gravina coa do inglés Calder. Fonte - Nota de prensa de Rafael Lema.
|