Venres, 05 de nadal do 2008
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte


Advertisement

RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

A asociación Nemancos de Corcubión pide ao pobo que colabore no Mercado Medieval  Correo-e
viernes, 04 de julio do 2008

Francisco Lema de Pazos é o presidente da asociación Nemancos, que organiza o VIII Mercado Medieval de Corcubión os vindeiros 18, 19 e 20 de xullo. Lema de Pazos fala para O Acontecer desta Feira, onde a vila e tódolos veciños se trasladan á Idade Media.

  • Xa está todo organizado para a VIII edición do Mercado Medieval de Corcubión?
  • Os preparativos están moi avanzados, xa que prácticamente temos pechado o VIII Mercado Medieval coa empresa Pegasus e temos unha subvención por parte do Xacobeo para a celebración da Loita das tropas do Arcebispo Rodrigo de Luna cos Cabaleiros dos Condes de Altamira, que este ano a levará a cabo a empresa alicantina “Legend”.

    • Que novidades vai haber este ano no Mercado?Image

    As novidades son varias, pero especialmente a exposición de armas de tortura do medievo. Tamén haberá un fakir, dromedarios, e teremos unha zona de xogo infantil e outra para adultos. Ademáis, as celebracións durarán tres días e non dous.

    • Con que apoios contades para facer un traballo tan importante?

    Bueno, especialmente por parte do Xacobeo, da Dirección Xeral de Turismo, Deputacion de A Coruña e Concello de Corcubión. En canto a persoas e empresas particulares, vimos de sacar un libro do Mercado con publicidade dos negocios e comercios. Aí veráse a xente que colabora económicamente coa organización deste VIII Mercado Medieval de Corcubión.

    • Que ideas tedes os organizadores de cara a vindeiras edicións?

    A idea principal que temos é consolidar a Loita das tropas do Arcebispo Rodrigo de Luna, pero é moi dificil xa que dependemos de subvencions e nos custa moitísimo esforzo e sobre todo cartos, xa que este evento ascende a 20.000 euros.

    • Que mensaxe enviarías á xente para que se anime a participar no Mercado Medieval en xullo?

    Creo que este ano a xente vai quedar contenta, hai un día máis de Mercado e será algo máis grande. Pedimos ao pobo que nos axude na montaxe do Mercado Medieval, pois este ano cáenos enriba as Festas do Carmen. Imos ter un traballo moi duro, por iso pedimos a máxima colaboración posible.

    Fonte

    • Nova cedida polo semanario O Acontecer, redactada por Rafa Mouzo.
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com