|
Outro sindicato volve saír na defensa dos traballadores da Stotl Sea Farm. A Federación Agroalimentaria de CC OO esixe a participación da Xunta no freo dos continuos despidos e amenazas que a empresa norueguesa está a levar a cabo. Para a CC OO, como para a CIG, esta represión débese a unha restrición dos dereitos sindicais de cada traballador. Logo dun ano e 7 meses co convenio colectivo paralizado e os soldos conxelados, a multinacional presentaba a semana pasada unha nova proposta. A antigüidade segue a ser un dos meirandes cabalos de batalla e a empresa non tivo reparos en realizar unha oferta con claros prexuicios para os traballadores. Stolt quere que os seus traballadores renuncien a conquistas como o complemento por antigüidade a cambio dun «pobre aumento» para 2007 do 5% máis o IPC (4,2%), e para 2008 e 2009 de só o 0,40% máis o IPC. A idea de que a Stolt Sea Farm se beneficia de diñeiro público, de «subvencións millonarias», que non revirten na calidade do emprego e no peto dos traballadores (si no dos directivos), volve unha e outra vez á escena. Notas de prensa da Federación Agroalimentaria de CC OO CCOO denuncia que Stolt Sea Farm actúa con prepotencia, abusando do débil CCOO INFORMAMOS que a dirección de empresa presento a pasada semana unha nova proposta para o Convenio Colectivo. Nun alarde de chulería e de abuso cos máis débiles, os traballadores, permítese o luxo de insultarlles coa súa proposta e expón a perdida da antigüidade e dos ascensos automáticos a cambio dun 5% subida durante o 2007, o IPC máis un 0.4% para o 2008 e o 2009. CCOO DENUNCIA a actitude depredadora da dirección da empresa, que aperta lentamente, deixando aos traballadores sen subidas desde o 2006 que lles permitan facer fronte a un 4.2% de subida do IPC correspondente ao 2007 e dun 5% que levamos no 2008. CCOO DENUNCIA A FALSIDADE DAS ESCUSAS DA EMPRESA. Hai crise, grita a empresa chea de razón. Pero a realidade é que os beneficios do 2007 superan ata aos do 2006 e estamos falando de máis de 10 millóns de euros. CCOO DENUNCIÁDEVOS A PRESIÓN que a Empresa esta exercendo aos seus traballadores con asembleas onde se lles quere enganar para que asinen a proposta da empresa, para que perdan os seus dereitos. Con presións consistentes en despedimentos, sancións? para que perdan a fe nesta empresa e no seu posto de traballo. CCOO DENUNCIAMOS A COMPLICIDADE DAS ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS DE GALICIA. Nunha actividade que depende tanto de licenzas administrativas para instalarse, de subvencións, esta empresa non ten ningunha molestia en querer explotar aos seus traballadores. E son os seus traballadores os que a través do seu salario repercuten nesa terra os beneficios que se exportar a Noruega. CCOO DENUNCIA QUE A EMPRESA SEGUE SEN EXPLICAR OS DESFASAMENTOS CONTABLES NA PARTIDA DEDICADA A Salarios, respecto do que realmente calculamos que corresponde aos salarios. Imaxinámonos quen os cobra. Haberá que pagar a aqueles que conseguen, restando á maioría dos traballadores, que esta empresa o próximo ano poida seguir non manter senón aumentar os beneficios millonarios que reporta. CCOO DENUNCIA O COLONIALISMO DE STOLT, que como sempre esta terra é de novo obxecto de explotación, agora por parte dunha multinacional que se beneficia de que as nosas administracións póñanllo fácil, para que cando xa non lles interese déixennos coas súas ruínas nas nosas costas, e coas nosas subvencións nos seus petos.<7p> CCOO IMOS A Mantener O noso COMPROMISO COS TRABALLADORES. Nunca imos ceder á chantaxe da Empresa. Imos invocar á resistencia e á loita diante das Administracións galegas que xogan a favor da nosa explotación e non do noso desenvolvemento. Os traballadores de Stolt Sea Farm pregúntanse se a Xunta non ten nada que dicir ante as prácticas laborais da empresa norueguesa - Desde a Federación Agroalimentaria de CC OO denuncian que a multinacional está a presionar o persoal que ten en Galicia con ameazas e despedimentos para que renuncien aos seus dereitos.
03-07-2008.- A Federación Agroalimentaria de Comisións Obreiras (CC OO) reitera a súa denuncia sobre as prácticas que en materia laboral está a adoptar a empresa Stolt Sea Farm nas súas factorías de Galicia. Desde a secretaría comarcal desta Federación na Coruña explican que a multinacional noruguesa está a despedir e a ameazar o persoal para que renuncie aos seus dereitos e se pregue ás esixencias da empresa para a negociación do convenio colectivo. Logo de que varios medios de comunicación se fixesen eco das súas denuncias, os representantes sindicais pregúntanse se a Xunta de Galicia non ten nada que dicir ante esta situación. Remarcan que feito de que Stolt Sea Farm se beneficiou de diñeiro público, de «subvencións millonarias», para a súa expansión. Desde o sindicato insístese en que «cos cartos de todos non se pode explotar a nosa xente». Renuncias laborais Segundo a Federación Agroalimentaria de CC OO, Stolt Sea Farm quere que os seus traballadores renuncien a conquistas como o complemento por antigüidade a cambio dun «pobre aumento» para 2007 do 5% máis o IPC (4,2%), e para 2008 e 2009 de só o 0,40% máis o IPC. Para conseguir estas renuncias, a empresa estaría a «afogar economicamente» o persoal a base de mantelo sen suba salarial desde 2006, a pesar do encarecemento notable do custo da vida, «co lóxico prexuízo para as súas economías, sobre todo tendo en conta os baixos salarios que teñen», denuncia CC OO. A empresa en Galicia Stolt Sea Farm forma parte do grupo noruegués Stolt Nielsen S.A. No noso país, esta empresa dá emprego ao redor de 180 persoas en máis de seis plantas de cría e engorde de rodaballo, robaliza e linguado, que se localizan en Palmeira-Ribeira, Carnota, Camariñas e Muxía. Fonte e máis información
|