Asalto ao Castelo Este ano é a XIII edición do ASALTO Ó CASTELO, e terá lugar este sábado 05 de xullo de 2008. Ademáis do Asalto que ten lugar a medianoite, realízase ó longo da xornada outro tipo de actividades nas que se tratan temas sociais, medioambientais e musicais. Así, pola tardiña, dende as 19:00 haberá actividades infantís, xogos alternativos e tradicionais. Os Títeres e os paiasos, estarán amenizados pola Charanga TikisMikis Band. Pola noite, dende ás 22:00, xa teremos música. Serán os grupos Xúa, Mercado Negro e Motor Perkins os que poñan a nota musical. Botade un ollo máis abaixo de que se tratan estas bandas Feira Multisectorial de Vimianzo A Asociación de Empresarios de Vimianzo (Asemvi) presentou esta semana a segunda edición da Feira Multisectorial da localidade. Terá lugar os días 4, 5 e 6 de xullo e nela confirmaron a participación ao redor de setenta empresas “de todos os ámbitos”, segundo o presidente da Asemvi, Fidel Roget. I Xornadas do Pincho Irmandiño As actividades culturais e festeiras na capital vimiancesa non fican no sábado. Ao longo da fin de semana, 5 establecementos de Vimianzo organizan as "I Xornadas do Pincho Irmandiño", que se prolongarán durante os días 3, 4, 5 e 6 de xullo. A organización ofrece unha pequena mostra de artesanía, un Servizo de cociña, Zona de acampada, Carpa, a I Xornada de Pinchos Medievais estará polos bares, e todo isto lembrando que a entrada é DE BALDE. A festa coincide ademais coa Xornada solidaria de Comercio Xusto. Festa da sardiña en Camariñas 5 variedades de sardiñas poderán ser degustadas este sábado en Camariñas gracias á Asociación de Empresarios e de Promoción Turística. En empanada, en cachelos, en conserva, asadas e rebozadas serán as posibilidades para disfrutar deste manxar. Homenaxe a Rafael Mouzo O acto terá lugar o vindeiro 5 de xullo de 2008 e consistirá nun Acto público na casa da cultura de Corcubión ás 12 da mañán, para logo proceder a un Xantar campestre nunha carpa instalada no campo de San Roque, ás 2 da tarde, o prezo do menú será de 25 € por persoa. Xa hai máis de 40'0 persoas apuntadas. Ciclo de Cine do Mar en Corme Hoxe, venres 4 de xullo de 2008, comeza o Ciclo de Cine adicado ó mar. Comezamos coa proxección do filme “Todos irmáns eran valentes" de Richard Thorpe. Ano 1953. Nos locais da Asociación ás 22.00h. Charlas en Muxía O Concello de Muxía, por medio da Concellería de Servizos Sociais segue a organizar o curso “Iniciación ó Coidado de Persoas Maiores”. A diabete segue sendo o tema estrella, e este sábado 5 de xullo Teresa Lord será a que dirixa a charla-Obradoiro "A diabetes II: Alimentación e Exercicio Físico". Ás 10:30 terá lugar a charla: “A Alimentación da persoa diabética”, e pola tardiña, ás 17:00, o Obradoiro “O exercicio Físico nas persoas diabéticas”. Roteiro dende Mazaricos Esta fin de semana os veciños da Costa da Morte poderán abrir este sábado 5 de xullo un novo roteiro. A asociación cultural Perfecto Sande Braña de Mazaricos cumpríu un dos seus soños. Conseguíu abrir unha nova senda turística que unirá O Fieiro, no encoro de Santa Uxía, ata a Moa, no monte de Pedragal. Cine en Laxe O ciclo de cine de Verán comeza con Bee Movie, que se proxectará nas antigas escolas infantís, hoxe venres ás 23:30. Exposición de dinosaurios Dous cativos de apenas 10 anos son desta volta os artistas. Marcos Lado e José Carlos Rey Trillo presentan unha curiosa exposición de dinosarios no cárcere vello de Corcubión. Festival de Brens O domingo 6 de xullo de 2008 ás 19.00 horas, terá lugar o FESTIVAL BRENS 2008, no que se estreará a obra teatral "A Voda DE ESGANARELLO" polo grupo de maiores da parroquia de Brens que están dirixidos por Toño Casais. As actividades non ficarán aí e ademais actuará o grupo de PANDERETEIRAS de Brens. Este festival está organizado pola Delegación de Benestar e Igualdade do Concello de Cee, que dirixe a Vicealcaldesa e concelleira da área Dna. Amancia Trillo. Roteiro Verdes-Anllóns dende Ponteceso Este sábado 5 de xullo, o concello de Ponteceso organiza un roteiro que terá como punto de partida Verdes. O concello procederá a recoller ós participantes tanto en Corme (ó lado da igrexa) como en Ponteceso (Praza do Relleno). De Corme sairase ás 09:30h e de Ponteceso ás 09:45h. O regreso ás cinco da tarde, aproximadamente. Exposición en Fisterra O Faro de Fisterra acolle unha edxposición de pintura do centro cultura e recreativo O Casino. Remata o 10 de xullo, e conta ademais cos murais de azulexo realizado polos institutos da bisbarra para o concurso do grupo Lar con fins benéficos. Os murais ficarán nos arredores do faro ata finais de xullo. Música en Fisterra O domingo 6, ás 20:45, a Capela do Bo Suceso de Fisterra acolle un concerto moi especial. FERNANDO REYES estará ás súas guitarras barrocas e TRINIDAD DE MIGUEL coas castañolas e percusión, para poñer color ás xácaras, folías e gaitas. Todo dentro do mundo das músicas de guitarra barroca. Festas na Ponte A Ponte do Porto está de festa. O sábado, coincidindo co Día do Socorro, estarán as orquestrass Nevada e Amistad, así como a escola de baile e o coro municipal. Xa o domingo celebraráse o Día do Sacramento, no que haberá as máis salientables procesións da semana ata O Outeiro. Noites de cine Cabana Canduas abre as noites de cine da Deputación na bisbarra. Esta noite, proxectarase Pequena Miss Sunshine. Carnota O domingo 6 de xullo toca Arthur e os Miniboys Dumbría O domingo en Dumbría haberá Unha noite no museo. Concentración de motos antigas en Malpica O nutrido grupo de afeccionados ás motos antigas de Laxe, Cabana e Ponteceso visitarán, como cada domingo, un novo punto da Costa. Se a semana pasada visitaban Cee, Vimianzo e a Ponte do Porto, este domingo tócalle a Malpica. Rapa das bestas de Carreira Malia non gustarnos de todo esta actividade, informamos de que a parroquia zaense de Carreira celebra o domingo unha destas salvaxes rapa da bestas. Fonte
|