doMngo, 12 de outubro do 2008
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte


Advertisement

RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

O lixo da fin de festa  Correo-e
viernes, 04 de julio do 2008

ImageSon varios os puntos de Corcubión dende onde chegan queixas sobre a falta de sensibilidade da xente para coa recollida do lixo logo das xornadas de festa. De festa gústanos ir a todos, pero á hora da limpeza, ao remate da troula, que?

Traemos unhas imaxes de Corcubión pero que ben poder servir para toda a Costa da Morte. Ao remate de cada festa todo o mundo vovle a súa vida cotiá e olvida os seus deberes. A semana pasada festexábamos no campo da Redonda o San Pedro de Corcubión. A festa durou ata o luns, pero poucos subiron ata alí logo da festa. Tanto nos custa deixalo todo como estaba?

Así quedou todo, así marchamos todos e deixamos as leiras de varios veciños, que as ceden para a festa e que mesmo prepararon o souto de arriba para a ocasión. As pequenas cabanas (dereita) montadas pola xuventude para adquirir máis intimidade quedaron no medio do souto, sen ningún coidado. As mesas dos veciños quedaron tal cual, e só volveron a casa as fiambreiras baleiras.

Cabe sinalar que non toda a vila a se despreocupa da limpeza. A meirande grande da xente tivo o coidado pertinente para recoller o lixo creado e achegalo aos contedores que había no campeiro. De feito, da noite do sábado ao domingo, cando a xuventude do SPS celebrou a súa romería, pouco quedaba. O mesmo pasaba na mañá do luns, pero disque algo sucedeu esa noite que pouco rubor hoube en deixalo todo a monte.

Xornada de limpezaImage

Falamos coa concelleira de Servizos Sociais do Concello, María Delia Lado, e comentaba algo triste o asunto. O concello ten pensado realizar unha xornada de limpeza, contando con varios traballadores, pero sobre todo, pensando no voluntariado. A data aínda está por confirmar, pero seguramente será a fin de semana que vén cando se organice unha subida ao campo para afrontar a limpeza. Para iso realizaranse uns carteis para animar á xente a limpar o que entre todos ensuciamos.

Delia apunta que estas cousas sempre pasan. De feito, lembraba a pasada noite do San Xoán, cando a mocidade baixaba ata a praia de Quenxe de troula. Nada ten en contra o concello, o que si apunta Delia é que antes de marchar a rapazada podería deixar todas as botellas nos varios contedores de lixo que hai nos arredores da praia.

Novas relacionadas

Fonte

  • Fotografías de Francisco Santiago López.
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com