|
A bitácora da semana (XV): O blog da radiONeria |
Correo-e
|
|
sábado, 05 de julio do 2008 |
|
Aí continúa a Radio Neria dando que falar. Non para de crecer e de dar un servizo cada vez máis traballado, que tampouco imos dicir profesional. Porque profesional na radio só está Juanma Buiturón, que co seu tremendo traballo está a a revivir a radio municipal de Corcubión dende hai menos dun ano. Juanma coida do blog, e xa está creda unha comunidade na que participa xente dunha morea de puntos da península. O blog tamén conta cun chat bastante utilizado polos amigos da radio, que ademais serve para ir irformando dos cambios e novidades na rede. A radio conta ademais coa posibilidade de escoitala por internet. A infraestrutura non dá para o directo pero pódense escoitar os programas en diferido sen problema, un servizo sinxelo que xa lle gustaría a outras radios convencionais da zona. Cabe sinalar que no crecimento da radio e do blog, ademais do impresiionante traballo de Juanma e dos colaboradores que seguen ás duras e ás máis duras na radio, interviu un home do norte, un home con experiencia radiofónica nunha irmá da Radio Neria. Óscar Rey Calo, natural de Corme e casado en Fisterra, leva unha chea de anos traballando na Radio Roncudo, e está a colaborar no progreso da emisora irmá. Moitas gracias Óscar e moitas Juanma polo voso traballo. Bitácoras anteriores Fonte
|