|
O recuncho da Costa (XXXV): A praia fluvial da Pontenova |
Correo-e
|
|
sábado, 05 de julio do 2008 |
|

Primeiramente, desculpas por termos faltado á cita do recuncho nas pasadas semanas, pero un problema de invalidez fixo difícil o descubrimento de novos tesouros. A semi-invalidez continúa en Que pasa na Costa, así que se piden, róganse de feito, colaboracións. Hoxe visitamos un deses lugares dos que hai centos pola bisbarra, pero non por iso ten menos encanto. Ao contrario, ao contarmos con tantas áreas recreativas así, habemos promocionalas, porque para as zonas de interior son unha bendición e para os que vivimos na costa, achegarse ao río de cando en vez é unha marabilla. Aquí, na Pontenova, preto da Picota, Mazaricos, unha pisciniña seminatural, un chiringuito para facer churrascadas e un refuxio de pescadores fan o lugar un pouco máis agradable aínda. Como chegar A praia fluvial da Pontenova atópase en Mazaricos, ben pretiño de A Picota. Para chegarmos colleremos na praza da Picota o desvío que hai ao carón da Cervecería-Pizzería O Vinculeiro, vindo dende Dumbría a man dereita. A 100 metros hai un desvío, sinalizado, cara a dereita, por onde pasaremos pola simpática aldea de Picaraña. Un pouco máis adiante xa vemos un camiño cara esquerda, con sinalización, que dá gusto iso de ver os lugares sinalizados nesta bisbarra do chega se podes. Outros recunchos Vídeos de Francisco Santiago lópez Outros vídeos Fonte - Redacción.
- Fotografía de Berto Suárez Rodríguez.
|