|
Denuncia cunha foto: A morte da fervenza |
Correo-e
|
|
martes, 08 de julio do 2008 |
|
Continuamos amosando imaxes impactantes da zona, que hainas e moitas. Cada semana iremos mostrando as fotos que vamos mandando dende a bisbarra á Fotodenuncia da organización ecoloxista. Hoxe, e xa tardábamos, imos ata o Ézaro. O caso da fervenza do Ézaro é de película de terror. O beneficio económico dunha empresa por riba do valor natural, algo ao imos estando afeitos pero ante o que non podemos calar. A verdade é que non fan falta datos nin apuntes. Con mirala é dabondo. Pero nós tampouco facemos nada por evitalo, por protestar, parécenos normal que só abra os domingos (mirar horarios). Hai varias fotos enviadas sobre este lugar, que con auga e sen tubos sería un sitio de culto. A imaxe de arriba chámase "A morte da Fervenza" co seguinte texto ao carón: Por culpa da suposta enerxía renovable hidroeléctrica, a fervenza do Ézaro, do río Xallas, está seca. Lestes son os tubos por onde baixa a auga que debería baixar pola única catarata de Europa que cae directamente ao mar. Ou caía!. Simon Neira Dueñas chamoulle á súa foto (á da dereita) "Río privado da súa libertade" e comenta así. A maior cascada que cae directamente ao mar da Europa Continental, só ten auga unha hora á semana. Unha hidroeléctrica de Ferroatlántica desvía o auga río arriba. pouco máis cabe dicir. Novas relacionadas Fotodenuncias anteriores h4>Máis información - Para enviar unha foto a Greenpeace: Fotodenuncia de Greenpeace.
- Que pasa na Costa:
Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver
- Grupo Local de Voluntariado de Greenpeace en Pontevedra:
Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver
;
- Grupo Local de Voluntariado de Greenpeace en A Coruña:
Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver
Fonte
|