|

Imos ata a capital do cultureteo galaico. Polo 2002 comezaban a montar festa polo locais composteláns, cun pop divertido e desenfadado que pretende pasalo ben. Carlos Valcárcel e Yolanda Valcárcel gustan dende Pet Shop Boys ata os xaponeses Pizzicato Five, e nesa liña introducen o son electrónico, limpo en plan oitenta, para crear ritmos moi frescos e bailables. Carlos fai unhas letras ben traballadas que incopora co seu estilo, un sentido crítico e divertido aos temas. O primeiro disco foi unha recompilación de varios anos de traballo en tempo de ocio. "Baixo os eucaliptos" saíu no 2007 e tivo unha repercusión sorprendente no panorama pangalaico, que diría Xurxo Souto. "Kara.o.ke" se este ano co Chuliboy como portada. Este vídeo é do tema "Como os caranguexos", ao vivo na NASA o 16 de maio de 2007, unha visión bastante crítica do desenvolvemento do país, que vai indo cara atrás.
A súasaspirações, poucas; vontade de aprender e melhorar, muita. O seu fin é procurar diversom fácil. Aquí, para rematar, deixámosvos co Corpiño xeitoso, que se recordamos, tamén canta o grupete de mozas Faltriqueira:
Para escoitar uns temiñas visitade A Regueifa. Ou pasade a ver o seu Chuliboy loitando polo Apologhit 2008 que xa leva 400 votos. Fonte e Máis información Grupos anteriores
|